Asier Grande Díaz, nado en Bilbao o 22 de maio de 2002, é un futbolista vasco que ocupa a posición de lateral dereito. Na tempada 2025/26 xoga no Bergantiños Fútbol Club da Segunda Federación.

Traxectoria Primeiros anos Formouse nas categorías inferiores do Athletic Club, do Villarreal Club de Fútbol e do Danok Bat. Posteriormente fichou polo equipo xuvenil de La Roda Club de Fútbol, onde realizou o seu debut sénior na tempada 2019/2020 da Terceira División.

Basconia Na campaña 2020/2021 regresou á estrutura do Athletic e fichou polo seu segundo filial, o Club Deportivo Basconia. En xuño de 2021 anunciouse a cesión de Grande ao Arenas de Getxo da Segunda División RFEF. O 26 de xullo de 2022 comezou un novo contrato temporal co Sestao River Club da Segunda Federación.

Numancia O 14 de xullo de 2023 fíxose oficial a chegada de Grande como novo xogador do Club Deportivo Numancia da Segunda Federación. O 9 de xullo de 2024 renovou contrato por unha tempada máis no club soriano.

La Unión Atlético En xuño de 2025 pasou a formar parte do Fútbol Club La Unión Atlético da Segunda Federación. O equipo trasladouse ese verán a Málaga e pasou a denominarse CDU Malacitano, aínda que a Real Federación Española de Fútbol denegou esa operación.

Bergantiños En xaneiro de 2026 fichou polo Bergantiños Fútbol Club da Segunda Federación.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Asier Grande en LaPreferente.com

Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Baskonia Categoría:Xogadores do Arenas Club de Getxo Categoría:Xogadores do Sestao River Club Categoría:Xogadores do CD Numancia Categoría:Xogadores do Bergantiños FC