O Red Republican Party (RPR), en galego, Partido Republicano Vermello, foi unha facción socialista de curta duración do movemento da Democracia Popular.
Historia A mediados da década dos anos 1970, a experiencia da folga do Consello de Traballadores de Ulster levou ao DP a predicir unha toma de posesión lealista en Irlanda do Norte, pero máis tarde chegou á opinión de que esta perspectiva era incorrecta, dando ao lealismo un grao de autonomía do imperialismo que non posuía.McAnulty (1979)
En 1976, unha minoría que se aferrou á vella perspectiva abandonou DP para crear Left Revolutionary Group (en galego, Grupo Revolucionario de Esquerda) que, posteriormente, se denominou Red Republican Party. Este grupo describiu o movemento lealista do Ulster como fascista, e pediu un maior apoio ao republicanismo paramilitar irlandés, e publicou a revista Heads Up.Barberis & McHugh e Tyldesley (2000), p. 246 O seu obxectivo fundamental era conseguir unha república socialista nos 32 condados de Irlanda.Barberis & McHugh e Tyldesley (2000), p. 247 En 1978, o grupo xa estaba a piques de desaparecer.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Partidos políticos de Irlanda Categoría:Partidos políticos de Irlanda do Norte