Francisco Martínez Sevilla, nado na Coruña en 1890 e finado na mesma cidade o 21 de xullo de 1975, foi un xestor administrativo e futbolista galego.

Traxectoria Naceu na Coruña en 1890, sendo fillo do que sería futuro alcalde Laureano Martínez Brañas. Remeiro da Sala Calvet, en 1906 foi un dos 19 fundadores do Club Náutico da Sala Calvet e ao ano seguinte participou xunto ao seu irmán Laureano na fundación do Deportivo, club que presidiría seu pai pouco despois. Segundo algunhas fontes, baseadas nas testemuñas de Salvador Fojón e Manuel Álvarez, foi un dos once xogadores que disputaron o primeiro partido da historia do club fronte ao Corunna, na posición de dianteiro, mentres que outra das versións, respaldada por Virgilio, afirma que era José Rodríguez quen ocupaba o seu lugar. Militou no club ata 1909 e foi ademais un dos pioneiros do atletismo na Coruña, xunto a outras figuras como o propio Virgilio, Gonzalo Carré Alvarellos, Paco González, Fito Rodríguez ou Alejandro Rodríguez Blanco.

Fóra do deporte traballou como xestor administrativo dende a década de 1920, chegando a presidir a xunta de goberno do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia.

Vida persoal Casou en setembro de 1937 con Luisa Latorre Laciana e foi pai de Francisco José, Ana María, Luis, José Carlos, Javier e Juan Pablo Martínez Latorre.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1890 Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Atletas de Galicia Categoría:Finados en 1975