Sparganium L. 1753 é um xénero de anxiospermas,Linnaeus, Carl von. 1753. Species Plantarum 2: 971 en latínTropicos, Sparganium L. que contén unhas 26 especies, con distribución moi espallada polas zonas húmidas das rexións de clima temperado dos hemisferios Norte e Sur.Kew World Checklist of Selected Plant Families As especies que o integran son plantas perennes, herbáceas, típicas dos pantanos e zonas asolagadizas ripícolas (de ribeiras de ríos e lagos), que poden atinxir 3,5 m de altura (dependendo da especie), con flores epicenas.Flora of North America Vol. 22, bur-reed, Sparganium LinnaeusFlora of China, Vol. 23 Page 158 黑三棱属 hei san leng shu Sparganium Linnaeus O xénero foi considerado dentro da familia monotípica Sparganiaceae, mais estudos filoxenéticos demostraron que Sparganium está estreitamente emparentado co xénero Typha, razón pola cal o sistema APG III (2009) o incluíu na familia Typhaceae.

Descrición O xénero Sparganium agrupa plantas acuáticas comúns en pantanos, marismas e áreas ripícolas pouco profundas das rexións de clima temperado e frío de ambos os hemisferios. O xénero inclúe 26 especies validamente descritas.Kaul, RB 1997. Sparganiaceae. In: Flora of North America Editorial Committee, eds. 1993+. Flora of North America North of Mexico. 12+ vols. Nova York e Oxford. Vol. 22. http://www.efloras.org/florataxon.aspx?flora_id=1&taxon_id=130772

O talo, que pode ser flotante ou emerxente, sae dun rizoma soterrado nas lamas do fondo, o cal, como é común entre as plantas adaptadas aos ambientes permanentemente asolagados das zonas húmidas, depende do aerénquima que contén para transportar o oxíxeno atmosférico ata o sistema radicular. Son en xeral plantas robustas e dereitas, con as xemas de renovo mantidas baixo a superficie da auga.

As follas son xeralmente rectas, triangulares en sección transversal, espatuladas. As flores agrúpanse en inflorescencias ramificadas, coas flores en aglomerados esféricos, coas masculinas situadas enriba das femininas no eixe principal e en cada ramo.Sparganium research page, UW-Madison Dept. of Botany .

As sementes poden acumularse no solo en densos bancos de sementes, o que permite ás poboacións destas plantas unha rápida rexeneración durante os períodos en que a auga está máis baixa.Keddy, P.A. 2010. Wetland Ecology: Principles and Conservation (2ª edición). Cambridge University Press, Cambridge, UK.

As especies do xénero Sparganium son un importante compoñente da vexetación acuática e ripícola nas rexións de clima temperado e ártico. Neses hábitats son unha importante fonte de alimento e abrigo para aves acuáticas e outra fauna salvaxe.

O xénero Sparganium foi publicado por Linné na obra Species Plantarum (1753), con dúas especies recoñecidas daquela: Sparganium erectum e Sparganium natans.

As flores e os froitos esféricos danlle ás plantas deste xénero un grande interese ornamental, razón pola cal son utilizadas en arquitectura paisaxística e en axardinamento de áreas das beiras de ríos e lagos. Algunhas especies europeas considerábanse plantas medicinais, sendo mecionadas por William Turner (1562),Turner, William. 1562. A new herball. republished 1995, GTL Chapman, MN Tweddle, eds. Cambridge U. Press. que consideraba como virtudes de Sparganium o ser bo para tomarse con viño contra o veleno de serpentes.

Taxonomía EspeciesCook and Nicholls (1986) A monographic study of the genus Sparganium. Part 1: Subgenus Xanthosparganium. Botanica Helvetica 96: 213-267Cook and Nicholls (1987) A monographic study of the genus Sparganium. Part 2: Subgenus Sparganium. Botanica Helvetica 97: 1-44Biota of North America 2013 county distribution maps Sparganium americanum - leste de América do Norte Sparganium androcladum - leste de América do Norte Sparganium angustifolium - Europa, Asia, América do Norte Sparganium confertum - Yunnan (China) Sparganium emersum - Europa, Asia, América do Norte Sparganium × englerianum - Alemaña Sparganium erectum - Europa, Asia, América do Norte Sparganium eurycarpum - Extremo Oriente Ruso, Xapón, América do Norte Sparganium fallax - Asia Oriental, Himalaias, Sumatra, Nova Guinea Sparganium fluctuans - Canadá, norte dos Estados Unidos (Nova Inglaterra, NY PA NJ MI WI MN WA) Sparganium glomeratum - Escandinavia, Repúblicas Bálticas, Bielorrusia, Rusia, China, Mongolia, Xapón, Canadá, Minnesota, Wisconsin Sparganium gramineum - Escandinavia, Repúblicas Bálticas, Rusia, Xapón Sparganium hyperboreum - Alpes, Subártico (Europa, Rusia, Alasca, Canadá, Groenlandia) Sparganium japonicum - Primorie, Xapón, Corea Sparganium kawakamii - Sakhalin, illas Kuriles Sparganium limosum - Yunnan Sparganium × longifolium - norte de Rusia Sparganium natans - Europa, Asia, América do Norte Sparganium × oligocarpon - Siberia Sparganium probatovae - Kamchatka Sparganium rothertii - Siberia, Manchuria, Xapón Sparganium × speirocephalum - Finlandia Sparganium × splendens - oeste de Rusia Sparganium stoloniferum - Asia temperada Sparganium subglobosum - Asia oriental, Himalaias, Nova Guinea, Australia, Nova Zelandia Sparganium yunnanense - Yunnan.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Clave de identificación e descrición de especies de Sparganium

Categoría:Poales Categoría:Taxons descritos por Linné