Phragmites é un xénero de catro especies de grandes xuncos perennes da familia Poaceae ao que pertencen as carrizas ou carrizos atopadas en zonas húmidas de rexións temperadas e tropicais do mundo.
Taxonomía A World Checklist of Selected Plant Families, xestionada polo Kew Garden de Londres, acepta as seguintes catro especies neste xénero: Phragmites australis (ou P. communis) (Cav.) Trin. ex Steud. – O xunco común cosmopolita, presente en Galicia Phragmites japonicus Steud. – Xapón, Corea, illas Ryukyu, Extremo Oriente Ruso Phragmites karka (Retz.) Trin. ex Steud. – África tropical, sur de Asia, Australia, algunhas illas do Pacífico, invasora en Nova Zelandia Phragmites mauritianus Kunth – centro e sur de África, Madagascar, Mauricio.
miniatura|225px|Tres brotes de Phragmites australis: A.) moi nova, B.) xuvenil, C.) a máis vella (3–4 meses). Os números romanos indican diferentes xeracións de brotes. Sc=escutelo.(de Om Skudbygning, Overvintring og Foryngelse de Eugen Warming, 1884)
Ecoloxía As zonas onde crecen Phragmites poden proporcionar alimento e abrigo a moitas aves, insectos e outros animais. Os beneficios para o hábitat adoitan ser óptimos cando estas zonas son menos espesas e a súa xestión pode promover un hábitat mais axeitado. Algunhas evidencias indican que unha xestión a curto prazo cunha rotación de 1–2 anos podería maximizar a cantidade de aves e invertebrados.
Usos
Servizos aos ecosistemas A carriza P. australis proporciona servizos ao ecosistema como o secuestro de nutrientes, estabilización do solo e tratamento de augas. Suxeriuse que debido á súa resistencia aos efectos do cambio climático, P. australis pode proporcionar servizos ao ecosistema beneficiosos que deben ser considerados en ecosistemas costeiros, mesmo alí onde se considera unha especie invasora. Outros argumentaron que que os servizos ao ecosistema que se perden como resultado da invasión por esta especie superan os beneficios obtidos e os xestores deben responder controlando a invasión.
Cultivo P. australis cultívase como planta ornamental en lugares acuáticos e de ribeira, como arredor dos lagos. A súa capacidade de colonización agresiva significa que debe ser situado con coidado.
Tratamento de augas por fitorremediación Phragmites australis é unha das principais plantas de zonas húmidas usada para o tratamento de augas por fitorremediación.
As augas residuais de cuartos de baño e augas grises de cociñas drénanse a compartimentos baixo terra parecidos a tanques sépticos onde os residuos sólidos se deixan sedimentar. A auga entón flúe lentamente por unha zona húmida construída (lagunaxe) ou xunqueira artificial, onde a acción bacteriana de biorremediación na superficie das raíces e follas caídas elimina parte dos nutrientes en biotransformación. A auga é despois axeitada para o seu uso na rega, recarga de acuíferos ou liberación a cursos de auga naturais.
Tellados
Os xuncos utilizáronse en moitas áreas para facer tellados en casas tradicionais.
Música miniatura|Sipsi En países do Oriente Próximo os Phragmites úsanse para fabricar pequenos instrumentos musicais similares ao clarinete chamados sipsis, con un só tubo (coma na foto mostrada) ou con dous como nas gaitas. A cana do zurna obtense do xunco común que se apana despois de reitarlle a súa fráxil capa exterior e a frouxa membrana interna, e despois amolentándoos humedecéndoa. O resultado é unha dobre cana cunha abertura elíptica que vibra ao pecharse e abrirse a gran velocidade. Isto non se debe confundir con outras dobres canas como as do óboe, que usa dúas canas feitas do xunco xigante Arundo donax que se apoian unha contra a outra.
Alimentos
As follas, raíces, sementes e talos de Phragmites son comestibles. Os talos novos poden cociñarse ou comerse crus como se fai cos brotes de bambú. Os talos novos, "mentres aínda están verdes e carnosos, poden secarse e moídos formando un fino po, que cando se humedece se asa como malvarisco." As sementes e rizomas "poden ser moídas como fariña ou convertidas en papas."Peterson, Lee, "A Field Guide to Edible Wild Plants of Eastern and Central North America", páxina 228, Houghton Mifflin Company, Nova York, consultado o 6 de setembro de 2010. No Xapón, as follas novas e secas moídas e mesturadas con fariña de cereal utilízanse para facer bolos de masa. Utilizar como pasto os Phragmites para grandes herbívoros domésticos, como vacas, cabalos, ovellas e cabras, pode servir para controlar a planta e proporciona un beneficio positivo recíproco para os humanos ao xerar carne, leite, coiro, la etc.
Outros usos Algúns outros usos de Phragmites australis e outras canas en varias culturas son producir cestas, tapetes, cálamos para escribir (qalam) e papel. Os apicultores poden utilizar as canas para facer a colmeas.
Nas Filipinas, os Phragmites coñécese polo nome local tambo. Cando florecen en decembro as inflorescencias son colleitadas e unidas nun feixe formando vasoiras chamadas "walis".
Tamén se usaron para facer frechasWilliam C. Sturtevant (1978) Handbook of North American Indians: Great Basin, p. 269, Government Printing Office. , 9780160045813. e armas, como lanzas para a caza.Unaipon, D. (2001) Legendary Tales of the Australian Aborigines, p. 138, The Miegunyah Press, Melbourne. .
Especie invasora e control Algúns Phragmites, cando se introducen por accidente ou intencionadamente, espállanse rapidamente. Nos trópicos e subtrópicos, Phragmites karka é unha especie invasora abundante. Nos Estados Unidos, antes de 1910, só nunhas poucas áreas do noroeste crecían os haplotipos non nativos de Phragmites australis. Porén, en 1960 os haplotipos non nativos atopáronse en mostras tomadas de costa a costa. Hoxe, nalgúns lugares como Míchigan, Phragmites australis (haplotipo M) converteuse no haplotipo dominante. O problema é que a Phragmites australis non nativo invasor se espalla rapidamente polas marismas e zonas húmidas. Substitúe as plantas nativas, resta nutrientes e espazo para os peixes e a vida silvestre; bloquea o acceso á auga para nadar, pescar e outras actividades de recreo; estraga as vistas das ribeiras; e supón un perigo para os incendios. Phragmites tamén altera a bioxeoquímica das zonas húmidas e afecta as ensamblaxes de especies de flora e fauna, incluíndo que podería reducir a dispoñibilidade de nitróxeno e fósforo para outras plantas.
Phragmites pode expulsar a vexetación competidora de dous xeitos. A súa considerable altura e densidade pode privar outras plantas da luz solar, e os compostos químicos que produce cando se descompón reducen a xerminación de sementes competidoras. Entre outros efectos, os monocultivos resultado da súa invasión diminúen a heteroxeneidade espacial e temporal do hábitat e incrementan a homoxeneidade das aves.
Recoñecer canto antes as forms non nativas de Phragmites cando empeza a invadir incrementa drasticamente as oportunidades da súa erradicación con éxito. Unha vez que se estableceu, a eliminación a man é case imposible. As sementes ou rizomas poden rapidamente dar lugar a unha densa poboación. O tratamento químico é con diferenza o método máis utilizado en América do Norte. Os dous ingredientes activos máis comúns dos herbicidas para o control de Phragmites son o glifosato e o imazapyr. É importante seleccionar o herbicida apropiado para o lugar. Ademais, incluso un herbicida axeitado pode orixinar consecuencias non intencionadas, xa que unha gran cantidade de material vexetal en putrefacción (das plantas mortas polo herbicida) pode deprimir os niveis de oxíxeno na auga e matar os peixes dunha lagoa ou lago pequeno. Obtívose certo éxito usando cabras para que coman os Phragmites, lumes controlados, e colleitas de arroz salvaxe nativo. Cando se cortan baixo a auga, se cortan e despois se asolaga, ou se queiman e despois se asolaga, é importante que toda a zona con Phragmites estea completamente mergullada para que a planta non poida conseguir oxíxeno.
Suxeriuse que o control biolóxico de pragas é o método con máis probabilidade de éxito, e aprobáronse introducións de biocontrois en América do Norte. Desafortunadamente, os biocontrois poden destruír tamén as poboacións das subespecies nativas. O biocontrol usando larvas de avelaíñas de dúas especies (Lenisa geminipuncta e Archanara neurica) está a investigarse en Ontario.
Galería
Notas
Ligazóns externas Common Reed (Phragmites) Species Profile, National Invasive Species Information Center, U.S. Department of Agriculture National Agricultural Library
Categoría:Poales