Beatriz Gregores, coñecida como Bea Gregores, nada en Vigo en 1995, é unha ilustradora galega.
Traxectoria
É graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e licenciada no mestrado especializado en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual. Especializouse nos campos de ilustración e deseño.
Traballa como ilustradora editorial en Galicia e foi comisaria de varias exposicións, como Rosalía ilustrada.
Obras
As mulleres que cultivaban néboas (2022). Vigo: Xerais.Autora do texto e das ilustracións. ISBN 9788411101097. Avelaíña e o camiño á illa (2024). Allariz: Antela Ed. ISBN 978-84-127217-6-8. Con tradución ao castelán.
Ilustracións
Bicos e non Balas, de Antonio García Teijeiro (2019). Galaxia. A lavandeira de San Simón, de Eva Mejuto (2020). Xerais. Douche a miña palabra, de Fran Alonso (2021). Xerais. Emilia Pardo Bazán, unha mente poderosa, de María Canosa (2021). Editorial Bululú A caca cuca, de Irene A. Gasalla (2021). Editorial Galaxia. Cando leo, de Eva Mejuto (2022). Xerais. Bruxas e dragóns. Baba Iagá 1, de Ledicia Costas (2022). Triqueta Verde. María Casares. A impaciencia por vivir, de María Canosa (2022). Ed. Bululú. Maruja Mallo. Enigmaticamente única, de María Canosa (2023). Ed. Bululú. Eduardo Blanco Amor, de Éric Dopazo (2024). Ed. do Cumio Sempre infinita: Luísa Villalta, de Eva Mejuto (2024). Ed. do Cumio. Elisa e Marcela, de Eva Mejuto (2025). Ed. do Cumio. María Miramontes e Ánxel Casal, de Diego Bará (2025). Ed. do Cumio. Virxinia e Castelao, de Diego Bará (2026). Ed. do Cumio. Lala e Lolo xogan ás agachadas, de Eva Mejuto (2026). Ed. do Cumio. Con tradución ao castelán. Lala e Lolo son inseparables, de Eva Mejuto (2026). Ed. do Cumio. Con tradución ao castelán.
Exposicións
Sala Municipal de Exposiciones Las Francesa FIG Bilbao 2017 Feira de Gravado coa Fundación Ankaria Do Final e Do Comezo, ano 2017 comisariado da exposición do 2017 A Loba da Fada en Pontevedra. A Palabra Pintada coa Fundación Ankaria en Valladolid no ano 2018 Salón do Libro do 2018
Premios
2017: Primeiro Premio La Palabra Pintada Fundación Ankaria, na categoría Artista Xove 2017: Primeiro premio Xuventude Crea na sección de Banda Deseñada 2019: Primeiro galardón no IV Concurso de Cómic de Reinosa 2019: Segundo premio nos Premios Curuxa 2019, na categoría Curuxa Nova. 2024: Premio Follas Novas do libro galego, na sección de Libro Ilustrado.
Notas
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1995 Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo