O Microsoft Security Essentials (nome en clave Morro) é un software antivirus descontinuado, creado por Microsoft e que protexe ordenadores de virus, spyware, rootkits e troianos. O programa está dispoñible para Windows Vista e 7. O software deixou a versión beta o 29 de setembro de 2009 e substitúe a Windows Live OneCare, un servizo de pago.

A partir de Windows 8 foi substituído por Windows Defender, un antivirus integrado en Windows. Anteriormente, Windows Defender era un simple antispyware para Windows Vista e 7.

Desenvolvemento Microsoft anunciou Morro o 18 de novembro de 2008. O 23 de xuño púxose a disposición de 75.000 usuarios en Estados Unidos, Israel e Brasil a primeira versión beta, e o 29 de setembro de 2009 lanzouse a versión final de Microsoft Security Essentials, dispoñible noutros idiomas. A instalación require 200 MB de espazo dispoñible, conexión a Internet e tarxeta VGA.

Os requisitos mínimos para un uso óptimo varían segundo o sistema operativo:

Windows XP cun microprocesador de 500 MHz e 256 MB de RAM; Windows Vista e Windows 7 cun microprocesador de 1 GHz e 1 GB de RAM.

Licenza Microsoft Security Essentials comproba a validez do sistema operativo durante e despois da instalación. Se o sistema operativo non é xenuíno, Microsoft Security Essentials notifica o problema ao usuario e pode deixar de funcionar despois dun período de tempo.

Fin da vida útil O Microsoft Security Essentials xa non está dispoñible para descargar no seu sitio, e Microsoft advirte de que as actualizacións de sinaturas (incluíndo o motor) remataron, xa que o soporte para Windows 7 finalizou o 14 de xaneiro de 2020 e o programa estendido o 9 de xaneiro de 2023.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Antivirus Categoría:Soporte lóxico de Microsoft