Beatriz Serrano Molina, nada en Madrid en 1989, é unha xornalista e escritora española. Traballou para varios medios de comunicación, como Vogue e El País. Tamén copresenta o podcast Arsénico Caviar xunto con Guillermo Alonso. As súas novelas recibiron eloxios da crítica e do público e foron traducidas a máis de dez idiomas, incluídos o inglés e o portugués.
Taxectoria Beatriz Serrano naceu en Madrid, mais creceu en Alfafar, unha localidade valenciana. Estudou Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid e especializouse en Xornalismo Dixital. Como resultado, comezou a súa carreira traballando para medios de comunicación como BuzzFeed. Un dos seus artigos máis populares desta época titúlase: 14 preguntas que teño para os anunciantes de compresas sanitarias. Este tipo de escritura xa mostraba o seu estilo irónico e humorístico. Hoxe, Beatriz Serrano bromea sobre esa época da súa vida e réstalle importancia ao que ela chama "traballos falsos". Nunha entrevista recente, dixo: «BuzzFeed non empregaba en realidade clickbait; o titular indicaba claramente o que ías atopar. O problema era que o que atopabas podía parecer unha completa bobada».
Carreira literaria En 2023, Beatriz Serrano publicou a súa primeira novela, El descontento. El descontento conta a historia de Marisa, unha muller de trinta anos que traballa nunha axencia de publicidade e odia o seu traballo. Por iso, a protagonista toma moitos ansiolíticos e compórtase de forma cínica cos que a rodean. É un libro irónico e mordaz que critica o traballo e o capitalismo. Nas palabras da autora, «a vida non pode ser traballar toda a semana e ir ao supermercado o sábado». En 2024, Beatriz Serrano foi finalista do Premio Planeta coa súa novela «Fuego en la garganta», que trata sobre as relacións nai-filla e sobre como internet configura a personalidade.
Personalidade Malia ocupar unha posición privilexiada na actualidade, Beatriz Serrano segue sendo moi crítica coas inxustizas e co sistema. Fala con frecuencia do traballo como ferramenta de alienación. Tamén é crítica coa situación da vivenda en España. Nunha entrevista con El Cultural, por exemplo, afirmou: «É indignante que os 200.000 euros do premio non sexan suficientes para un piso». Noutras palabras, non se anda con rodeos nin ten medo de ser polémica, aínda que o seu activismo sempre ten un toque de humor. Nese sentido, chegou a dicir: «Paréceme hipócrita que normalicemos tomar un somnífero pola noite e un Orfidal pola mañá e, con todo, desaprobemos chamar a un traficante os venres».
Conexións con escritoras galegas O perfil de Beatriz Serrano pódese comparar co doutras escritoras galegas como Yolanda Castaño, cuxa obra critica o capitalismo voraz; Antía Yáñez Rodríguez, cuxos libros critican o sistema político; Marina Mayoral, escritora e xornalista que emprega un ton humorístico e desenfadado; e María Xosé Quizán Vilas, coñecida por abordar temas controvertidos como a colonización sexual das mulleres e o cuestionamento da maternidade biolóxica.
Arsénico Caviar Ademais de escritora e xornalista, Beatriz Serrano é podcaster. Xunto con Guillermo Alonso, presenta Arsénico Caviar, descrito como un podcast que "xira arredor dos sentimentos que impulsan as nosas vidas: odio, antipatía e resentimento". Este programa foi galardoado co Premio Ondas en 2023 ao Mellor Podcast Conversacional. Todos os episodios levan o título de "Contra o que sexa". A través do humor negro, Beatriz e Guillermo reflexionan sobre a sociedade contemporánea dun xeito atractivo e entretido.
Notas O seu amigo, Guillermo Alonso, tamén é escritor e xornalista. As súas novelas titulanse "Vivan los hombres cabales", "Muestras privadas de afecto" e "El fecto deseado"
Véxase tamén Ligazóns externas
https://www.instagram.com/ohbetinas/
https://www.youtube.com/watch?v=Hu_ZoLaTMKs
https://www.youtube.com/shorts/jrR4YyP0d2U
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1989 Categoría:Escritores da Comunidade de Madrid Categoría:Xornalistas da Comunidade de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid