Hugo Claudio Vallejo Avilés, nado en Granada o 15 de febreiro de 2000, é un futbolista español que xoga como extremo dereito no Piast Gliwice, da Ekstraklasa de Polonia.

Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do Granada e do Málaga e debutou co Atlético Malagueño na Segunda División B o 28 de outubro de 2018, entrando como substituto ao descanso nunha derrota por 0-1 contra o Almería B. Estreouse co primeiro equipo na Segunda División o 6 de xaneiro de 2019, substituíndo a Dani Pacheco nunha derrota por 0-3 ante o Reus Deportiu. Disputou un total de 8 encontros co primeiro equipo ao longo desa campaña e a seguinte.

O 14 de xaneiro de 2020 anunciouse o seu traspaso ao Real Madrid e uns días despois foi cedido ao Deportivo da Coruña para o resto da tempada. Debutou nun encontro ante o Alcorcón e xogou un total de 13 partidos (só dous deles como titular), marcando o único gol do encontro contra o Elche. Ao remate da campaña, o equipo galego descendeu á Segunda División B por segunda vez na súa historia.

A continuación regresou a Madrid e militou no Castilla, tamén en Segunda B, xogando 24 partidos e anotando 4 goles.

O 25 de agosto de 2021 asinou un contrato de tres anos co Real Valladolid, que acababa de descender á Segunda División. Xogou uns 60 minutos en dous partidos ao comezo da tempada, antes de sufrir unha grave lesión nun adestramento, con rotura do ligamento cruzado do xeonllo, o que o mantivo afastado durante meses dos terreos de xogo, tendo que ver dende fóra como o seu equipo conseguía o ascenso á Primeira División.

Para a tempada 2022/23 foi cedido á Ponferradina. Xogou 29 partidos co club do Bierzo, descendendo a Primeira Federación ao remate da tempada.

O 31 de agosto de 2023 rescindiu o seu vencello co Valladolid, e ao día seguinte asinou un contrato de dous anos co Huesca. Militou dúas campañas no equipo aragonés, xogando un total de 64 encontros, e anotou catro goles.

O 13 de agosto de 2025 fichou polo Piast Gliwice polaco, co que firmou un contrato de tres anos.

Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopa do ReiOutrosInclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda División.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesAtlético Malagueño2018/19Segunda B141----141Málaga2018/19Segunda30----30Atlético Malagueño2019/20Terceira10----10Total club1510000151Málaga2019/20Segunda50----50Total club80000080Deportivo da Coruña2019/20Segunda131----131Real Madrid Castilla2020/21Segunda B234--10244Valladolid2021/22Segunda20000020Ponferradina2022/23Segunda29300--293Huesca2023/24Segunda 34 2 20-- 3622024/25Segunda 27 2 10- - 282Total club6143000644Total carreira 151 13 301 0 15513

Notas

Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Granada Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Atlético Malagueño Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores do SD Huesca