Verísimo Rodríguez Ollero, nado en Vilar, Paderne de Allariz, o 22 de maio de 1919, foi un refuxiado galego deportado aos campos de concentración nazis.

Traxectoria Ao principio da guerra civil, en 1936, foi integrante das Milicias Gallegas, 4º Batallón da 1ª Brigada Mixta, xunto a seu irmán José. miniatura|Rexistro en Mauthausenminiatura|Ficha de refuxiado de Verísimo Rodríguez. En febreiro de 1939 marchou cara a Francia, onde estivo, entre outros campos, en Barcarés e en Vernet. Aquí aparece rexistrado o 28 de xullo de 1939, na barraca 43.

Integrouse na CTE número 72 formada en Septfonds o 1 de xullo de 1939, onde foi clasificado como chauffeur. O 20 de maio de 1940 caeu en mans dos alemáns, apresado no stalag XIII-A en Hohenfels. Trasladado a Mauthausen desde o Stalag VII-A Moosburg o 6 de agosto de 1940, co número 3390.

O Stalag VII-A foi maior campo de prisioneiros de guerra, estando situado no sur de Baviera. De aquí partiu o primeiro convoi de españois deportados a Mauthausen, uns 400 presos aos que se lles dixo que serían enviados a España. Ao chegar, un comandante do campo pronuciou o discurso: "Aquí éntrase pola porta, pero só se pode saír pola cheminea".

Verísimo conseguiu saír pola porta, liberado en Mauthausen polo exército de Estados Unidos o 5 de maio de 1945. Instalouse en Francia, sendo recoñecido como refuxiado político e, posteriormente, obtivo a nacionalidade francesa. Nos anos 60 vivía en Narbonne (Aude), traballando de albanel.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Amat-Piniella, Joaquim (2014). K. L. Reich. Barcelona: Libros del Asteroide. Bermejo, Benito; Checa, Sandra (2006). Libro memorial: españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Ministerio de Cultura. Federación Nacional de Deportados e Internados Resistentes y Patriotas (1969). Deportación. El horror de los campos de concentración. Barcelona. Editorial Petronio. Hernández de Miguel, Carlos (2015). Los últimos españoles de Mauthausen. La historia de nuestros deportados, sus verdugos y sus cómplices. Barcelona. Ediciones B. VV. AA. (2004). Livre-mémorial des déportés de France arrêtés par mesure de répression et dans certains cas per mesure de persécution 1940-1945. París: Éditions Tirésies. Wachsmann, Nikolaus (2015). Historia de los campos de concentración nazis. Barcelona. Crítica.

Categoría:Nados en 1919 Categoría:Nados en Paderne de Allariz Categoría:Membros galegos da Resistencia francesa Categoría:Galegos sobreviventes dos campos de concentración nazis Categoría:Galegos finados en Francia Categoría:Finados en ano descoñecido