Chelonoidis niger darwini é unha subespecie da tartaruga xigante das Galápagos endémica da illa de Santiago (tamén coñecida como illa James e Illa de San Salvador) do arquipélago das Galápagos. Nalgunhas clasificacións foi tratada como especie co nome Chelonoidis darwini.

Historia da poboación Os baleeiros de inicio do século XIX non capturaron ningún exemplar de C. n. darwini da illa de Santiago, pero as cabras introducidas reduciron as terras baixas costeiras a un deserto, restrinxindo as tartarugas ao interior. O balance de sexos está fortemente desequilibrado en favor dos machos e a maioría dos niños e crías son destruídos por porcos ferais. Algúns niños están agora protexidos por currais feitos con pedras de lava, e desde 1970 os ovos foron transportados á Estación de Investigación Charles Darwin para que fagan eclosión e se críen. Os programas de liberación e as medidas de protección dos niños dos porcos ferais tiveron éxito.Cayot LJ (1994). "Conservation biology of Galápagos reptiles: twenty-five years of successful research and management". pp. 297–305. In: Murphy JB, Adler K, Collins JT (editors). Captive Management and Conservation of Amphibians and Reptiles. Ithaca, Nova York: Society for the Study of Amphibians and Reptiles. Contributions to Herpetology. Vol. 11. . Existen aproximadamente 1.165 individuos na natureza, e a poboación está incrementándose.

Hábitat C. n. darwini é de hábitos diúrnos e terrestres. Os seus hábitats son bosques caducifolios, bosques de montaña perennes, e terras de pradeira húmidas. Cando son maduros residen nas terra altas da illa de Santiago das Galápagos. Porén, nos pimeiros 10-15 da súa vida permanecen nas terras montañosas da illa.

Descrición A coiraza de C. n. darwini é de gris a negra é de forma intermedia entre as subespecies con forma de sela e as abovedadas da tartaruga das Galápagos. A indentación cervical da coiraza é pouco profunda. A marxe anterior da coiraza non está apreciablemente xirada cara arriba, e as marxes posteriores están ensanchadas e lixeiramente xiradas para arriba e lixeiramente serradas.

Dieta

A dieta de C. n. darwini consiste en cactos, plantas herbáceas e pasto que atopa na illa de Santiago. A auga da súa dieta obtena da vexetación que come ou de pozas temporais.

Etimoloxía

O epíteto específico do nome científico desta tartaruga, darwini, púxose en honor do naturalista inglés Charles Darwin. www.reptile-database.org.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de subespecies da tartaruga das Galápagos

Bibliografia Van Denburgh J (1907). "Expedition of the California Academy of Sciences to the Galapagos Islands, 1905–1906. I. Preliminary descriptions of four new races of gigantic land tortoises from the Galapagos Islands". Proceedings of the California Academy of Sciences, Fourth Series 1: 1–6. (Testudo darwini, new subspecies). (Full text).

Categoría:Testudínidos Categoría:Animais descritos en 1907