miniatura|O cranio do fósil que se chamou Little Foot, ao cal ás veces o denominan co nomen nudum Australopithecus prometheus. En taxonomía, un nomen nudum ('nome espido ou nu' en latín; plural nomina nuda) é unha designación dun taxon que se parece a un nome científico, e pode que orixinalmente pretendese selo, pero que non foi publicado cunha descrición axeitda. Isto fai que sexa un nome "nu" ou "espido", que non se pode aceptar oficialmente. Un termo en gran medida equivalente pero moito menos usado é nomen tantum ("nome soamente"). Ás veces o termo "nomina nuda" considérase erradamente como sinónimo de "nomes non dispoñibles". Porén, non todos os nomes non dispoñibles son nomina nuda, o cal se aplica a nomes publicados, é dicir, calquera nome publicado que non cumpre os requirimentos do artigo 12 (se se publicou antes de 1931) ou do artigo 13 (se se publicou despois de 1930). De xeito similar, unha especie podería publicarse cunha descrición parcial ou incompleta que non é suficientemente precisa para cumprir as regras de publicación. Isto denomínase nomen subnudum (abreviado nom. subnud.) ou, ás veces, seminudum.
En zooloxía Segundo as regras de nomenclatura zoolóxica, un nomen nudum non está dispoñible; o glosario do Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica dá esta definición:
E entre as regras do mencionado Código Zoolóxico:
En botánica De acordo coas regras da nomenclatura botánica un nomen nudum non está publicado validamente. O glosario do Código Internacional de Nomenclatura de algas, fungos e plantas dá esta definición: Os requisitos para a diagnose ou descrición están cubertos polos artigos 32, 36, 41, 42 e 44.
Desde o 1 de xaneiro de 1935 ao 31 de decembro de 2011, para ser publicado validamente tamén se requiría que a descrición ou diagnose estivese en latín como reafirmou o artigo 39 do Código de Melbourne. Despois de 2011 só se recomenda que os autores inclúan ou citen unha descrición ou diagnose en latín ou en inglés.
Os nomina nuda que foron publicados antes do 1 de xaneiro de 1959 poden usarse para establecer un nome de cultivar. Por exemplo, Veronica sutherlandii, un nomen nudum, foi utilizado como base para Hebe pinguifolia 'Sutherlandii'. Artigo 21.6
Notas
Véxase tamén Outros artigos Nome non dispoñible Nomen dubium
Categoría:Nomenclatura botánica Categoría:Nomenclatura zoolóxica