A trampa de Tucídides é unha expresión creada e popularizada polo politicólogo estadounidense Graham T. Allison no título dun artigo xornalístico de 2015 para referirse ao risco de guerra que xera o medo para perder a hexemonía, «cando un poder en ascenso rivaliza cun poder gobernante, como Atenas desafiou Esparta na Antiga Grecia, ou como Alemaña o fixo con Gran Bretaña hai un século». Allison tomou dezaseis casos históricos e concluíu que en trece deles as partes entraron en guerra, aínda que tamén sinalou os casos en que lograron manter a paz e evitar a trampa: «cando as partes evitaron a guerra, requiríronse enormes e dolorosos axustes nas actitudes e accións non só de parte do retador senón tamén do desafiado». miniatura|esquerda|Escultura de Tucídides no Parlamento de Austria.
O concepto foi acuñado para describir un potencial conflito entre os Estados Unidos e China no século XXI. Na primeira xornada do cume chinés-estadounidense en Pequín en maio de 2026, o presidente chinés Xi Jinping aludiu á “trampa de Tucídides” para manifestar a vontade chinesa de evitar unha confrontación e manter a estabilidade na relación entre superpotencias.
Notas
Categoría:Relacións internacionais Categoría:Xeopolítica