Valentín García Barros, nado en Ponte Caldelas o 17 de agosto de 1839 e finado en Santiago de Compostela o 26 de agosto de 1916, foi un relixioso galego.

Traxectoria

dereita|miniatura|Placa en homenaxe en Ponte Caldelas.

Formouse no seminario de Tui e o seminario de Santiago de Compostela. Ordenárono sacerdote en 1875 e en 1876 nomeárono confesor da catedral de Santiago de Compostela. Por oposición acadou en 1884 o cargo de penitenciario do cabido, coa cátedra de Teoloxía Moral.

O 18 de abril de 1907 nomeárono bispo da diocese de Palencia, e en 1910 e 1911 foi nomeado senador pola arquidiocese de Burgos. Seguidor das teses do papa Pío X. En 1912, por mor do seu estado de saúde, solicitou ser coadxutor de Leopoldo Eijo Garay, mais o nuncio Ragonessi rexeitouno, polo que presentou a súa renuncia e o 10 de decembro de 1914 nomeárono bispo da diocese de Tapso.

Obra

Breves reflexiones acerca de la vida actual del Pontificado (1894). Discurso inaugural do curso académico 1894-1895 en Santiago de Compostela.

Notas

Categoría:Nados en Ponte Caldelas Categoría:Nados en 1839 Categoría:Finados en 1916 Categoría:Bispos de Galicia Categoría:Bispos da diocese de Palencia Categoría:Senadores de España