A ecorrexión da puna, parte do bioma de pasteiros e matogueiras montanos andinos, atópase na Cordilleira dos Andes centrais de América do Sur. É considerada unha das oito rexións naturais do Perú,Pulgar Vidal, Javier: Geografía del Perú; Las Ocho Regiones Naturales del Perú. Edit. Universo S.A., Lima 1979. First Edition (his dissertation of 1940): Las ocho regiones naturales del Perú, Boletín del Museo de historia natural „Javier Prado“, n° especial, Lima, 1941, 17, pp. 145-161. pero esténdese cara ao sur, a través de Chile, Bolivia e o noroeste da Arxentina. O termo puna abrangue diversos ecosistemas dos altos Andes Centrais por enriba dos 3200-3400 m.

Localización A puna atópase por riba do límite do bosque a unha altitude de 3200–3500 m, e por debaixo da liña de neve permanente por riba dos 4500–5000 m. Esténdese dende o centro do Perú no norte, a través do altiplano do Perú, Chile e Bolivia, e cara ao sur ao longo da cordilleira dos Andes ata o noroeste da Arxentina.

Outras fontes afirman que se estende pola rexión de suni (altos altiplanos e cantís, algo de agricultura) e dende os 4000 m ata a liña de neve (permafrost e deserto alpino) de praderías de puna (cumios e ladeiras de montañas, moito máis fríos).

Notas

Categoría:Xeografía do Perú Categoría:Xeografía de Bolivia