miniatura|Folio dun manuscrito do século XIV miniatura Piers Plowman (en latín : Visio Willelmi de Petro Plowman, 1360–1399)Plowman, en inglés moderno ploughman, é un labrego. Piers é un nome de pía, equivalente a Pedro. é un poema alegórico en inglés medio escrito por William Langland en verso aliterativo sen rima
Moitos críticos consideran que Piers Plowman é unha das primeiras grandes obras da literatura inglesa da Idade Media, xunto con Os Contos de Canterbury de Geoffrey Chaucer e Sir Gawain e o Cabaleiro Verde.
A obra está dividida en "passus" (en latín "pasos"), dos cales Langland fixo varias revisións, cousa que contribuíu á existencia de 52 manuscritos do poema final de Piers Plowman, dos cales existen polo menos tres versións (ou posibelmente catro).
Descrición O poema relata tres visións dentro dun soño que o protagonista ten mentres adormece, caendo nun sono profundo, preto dos outeiros Malvern.
Na primeira visión, a Igrexa Católica (coa Dama Recompensa) intenta seducir o soñador con riquezas e todo tipo de bens materiais. Na segunda, o protagonista contempla a Piers Plowman, un humilde e traballador labrego que guía unha multitude de penitentes na procura da Santa Verdade. Na terceira visión, o soñador tenta buscar o mellor e o máis grande, pero fracasa no seu intento e antes de conseguilo, morre de fame e como consecuencia das febres.
Semella que a principal fonte de inspiración para Piers Plowman, de William Langland, se atopa en "Song of the Husbandman", un poema que denuncia claramente a situación do campesiñado e o clima de explotación no que vive. A diferenza doutros poemas satíricos e morais da época, este texto está escrito en primeira persoa para facer máis vivos os feitos que denuncia a favor dos campesiños oprimidos e contra os explotadores, recollidos estes na figura dos funcionarios do rei. Notas
Véxase tamén
Bibliografía History of English literature, Michael Alexander,ed.Palgrave Macmillan, 2000: http://www.people.fas.harvard.edu/~chaucer/special/authors/langland/pp-pro.html Prólogo do poema, traducido ao inglés moderno. Benson, CD Public Piers Plowman: Modern Scholarship and Late Medieval English Culture (Filadelfia, University of Pennsylvania Press, 2003). Bowers, J. M. Chaucer and Langland: The Antagonistic Tradition (Notre Dame: University of Notre Dame Press, 2007). Brewer, C. Editing Piers Plowman: The Evolution of the Text (Cambridge, CUP, 1996) (Cambridge Studies in Medieval Literature, 28).
Kelen, SA Langland's Early Modern Identities (Nova York, Palgrave Macmillan, 2007).
Watson, Nicholas (2007). "Piers Plowman, Pastoral Theology, and Spiritual Perfectionism: Hawkyn's Cloak and Patience's Pater Noster". Yearbook of Langland Studies vol. 21: 83-118.
Ligazóns externas Corpus de verso e prosa en inglés medio. Texto electrónico de Piers Plowman . Páxina de William Langland en Harvard. Arxivat Con ligazón ao texto en inglés moderno de Piers . Piers Plowman e o levantamento de 1381. Piers Plowman and Its Sequence de John Matthews Manly, vol. 2, The End of the Middle Ages*, en The Cambridge History of English and American Literature*, 18 vols., editado por AW Ward e AR Waller (1907–21). Visión de Piers Plowman Unha edición dixital completa dun exemplar do século XVI do texto B na Biblioteca Dixital de Cambridge, única por conter unha táboa de contidos despois do texto principal.
categoría:Literatura en lingua inglesa Categoría:Literatura de Inglaterra