As eleccións ao Parlamento de Andalucía de 2026 celebráronse o 17 de maio de 2026 para elixir os 109 deputados que compoñen o Parlamento de Andalucía para a XIII lexislatura.
O presidente da Xunta de Andalucía, Juan Manuel Moreno (PP), manifestara a súa intención de esgotar a lexislatura; pero finalmente decidiu adiantar as eleccións un mes.
Antecedentes Nas eleccións ao Parlamento de Andalucía de 2022 o Partido Popular Andaluz liderado por Juan Manuel Moreno conseguiu a maioría absoluta diante dun Partido Socialista Obrero Español de Andalucía que rexistrou o peor resultado da súa historia e Cidadáns-Partido da Cidadanía quedou fóra do Parlamento despois de ser socio do PP ao primeiro goberno non socialista de Andalucía.
Notas
Categoría:Eleccións ao Parlamento de Andalucía Categoría:Eleccións celebradas en 2026