miniatura|Causa General de Manises A Causa General instruida por el Ministerio Fiscal sobre la dominación roja en España, coñecida de xeito abreviado como Causa General, foi un extenso proceso de investigación impulsado polo ministro de Xustiza franquista, Esteban Bilbao,De Riquer, 2010, p. 130 tras a guerra civil, mediante Decreto de 26 de abril de 1940. O obxecto, segundo o seu preámbulo, era instruír «os feitos delituosos cometidos en todo o territorio nacional durante a dominación vermella». Varias fontes expresaron dúbidas sobre a obxectividade do proceso,Gil Vico, 1998, p. 160. que foi encadrado dentro da propaganda franquista,Ginard i Féron, 2003, pp. 1-10Prieto Borrego, 2000, pp. 527-528Gil Vico, 1998, pp. 175-180 aínda que ten valor como fonte bibliográfica. Como destacou Daniel Oviedo Silva, a Causa General non só serviu para depurar as responsabilidades do inimigo, senón que tamén funcionou como ferramenta propagandística para fixar un relato sobre os anos republicanos, o conflito e as súas violencias."Dadas as circunstancias nas que se crearon ou compilaron estes documentos, moitos puxeron en dúbida a súa utilidade última para avaliar de forma fiable a natureza, o alcance e a autoría da violencia bélica." Oviedo Silva, 2020, p. 95.

O número de vítimas incluídas nela é de 85.940.Romero Romero (2009), p. 301

Finalidade Co fin de «reunir probas dos feitos delituosos cometidos en todo o territorio nacional durante a dominación vermella», Franco deu instrucións ao fiscal do Tribunal Supremo mediante un decreto do 26 de abril de 1940, asinado tamén polo ministro de Xustiza Esteban Bilbao, para que iniciase a «Causa General de la Revolución Marxista».

O que pretendía en realidade a Causa General era lexitimar o goberno de Franco e xustificar o golpe de xullo de 1936, criminalizando a República e a quen a apoiaron. Neste sentido, segundo Julián Casanova, conseguiu varios obxectivos. Por unha banda, aireou e marcou na memoria de moitas persoas as diferentes manifestacións do «terror vermello» durante a guerra civil. Por outra banda, compensou as familias das vítimas desa violencia e confirmou a división social entre o bando vencedor e o vencido. Porén, sobre todo converteuse no instrumento de delación e persecución de persoas que nada tiñan que ver cos feitos.Casanova, 2015, p. 67.

Aplicación Solicitouse información de moi diversas fontes sen excesiva verificación, fundamentalmente delacións. Nese sentido, a Causa General foi un sistema de denuncia legal e un instrumento do estado para estimular a delación. Con esa información elaborouse un enorme expediente composto de miles de cartapacios. Estes serviron para fundamentar as acusacións nos consellos de guerra e nos tribunais especiais.

A Causa General recompilou información sobre as circunstancias e detalles non soamente de abusos e crimes contra persoas e bens cometidos durante a contenda na zona republicana, senón todo tipo de accións emprendidas polas autoridades, forzas armadas e de seguridade e partidarios dos gobernos republicanos e de esquerdas desde a instauración da Segunda República en 1931.

A información rexistrada pola Causa General, cuxa recompilación durou practicamente até a década de 1960, levou á apertura de numerosos procesos xudiciais posteriores contra quen se consideraban responsábeis dos feitos investigados. Con todo, o goberno de Francisco Franco promulgou en 1969 o Decreto-Lei 10/1969, que declaraba prescritos todos os delitos cometidos antes de 1 de abril de 1939, é dicir, o final da Guerra Civil. O devandito Decreto-Lei foi ditado aos 30 anos de acabado o conflito.

A Causa General levouse a cabo baixo a responsabilidade do fiscal xefe da mesma, figura especificamente estabelecida por un decreto de 1943, até o seu traspaso ao Ministerio de Xustiza a partir de 1954. Acumulou unha enorme documentación que se conserva desde 1980 no Arquivo Histórico Nacional en Madrid. O proceso foi empregado tanto como instrumento para a represión dun gran número de opositores, como para os fins propagandísticos do réxime de lexitimar a sublevación en contra do Goberno da República e que desembocou no conflito civil armado.

Arquivo miniatura|Arquivo Xeral da guerra civil española en Salamanca. En setembro de 1980 recibíronse no Arquivo Histórico Nacional, procedentes da Fiscalía Xeral do Estado, preto de 4000 caixas que gardaban documentos correspondentes á Causa General. En 2011 os fondos foron trasladados ao Centro da Memoria Histórica de Salamanca.

O valor da Causa General como fonte histórica Varias investigacións recorreron aos expedientes da Causa General para realizar indagacións sobre a Segunda República Española e a guerra civil. O historiador Fernando del Rey Reguillo, ao referirse ao período de goberno da Fronte Popular, afirmou que a Causa General tendeu a ser desprezada por prexuízos ideolóxicos ou por ser considerada inabarcábel. Porén, el considera que:

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Jesús Gaite, «Fondos de Guerra Civil y Posguerra en la Sección Fondos Contemporáneos del Archivo Histórico Nacional», en Espacio, Tiempo y Forma, Serie V, H. Contemporánea, núm. 7, 1994, páxs. 455–47. Ministerio de Xustiza (1943), Causa General. Editorial Akrón, Astorga, febreiro de 2008. ISBN 978-84-936011-8-8.

Categoría:Asasinados polo bando republicano Categoría:Franquismo Categoría:Historia de España do século XX