Beikthano (en birmano; ဗိဿနိုး, tamén coñecida como cidade de Panhtwa), está situada na Rexión de Magway, preto da actual Taungdwingyi. Na época das cidades-estado Pyu foi unha cidade de considerable importancia, posiblemente unha capital local que substituíu a Sri Ksetra. Hoxe en día, a modesta aldea é coñecida polas súas fontes termais e os seus sitios arqueolóxicos. Beikthano, Hanlin e Sri Ksetra, as antigas cidades do Reino Pyu construíronse nos campos de regadío da zona seca da conca do río Ayeyawady. A UNESCO inscribíunas na súa Lista de Patrimonio Mundial do Sueste Asiático en maio de 2014 polo seu patrimonio arqueolóxico, que se remonta a máis de 1.000 anos, entre o 200 a.C. e o 900 d.C.

Beikthano, con acceso terrestre directo ás chairas ben regadas de Kyaukse ao nordeste, é o sitio urbano máis antigo descuberto e escavado cientificamente ata o de agora. Os seus restos (estruturas, cerámica, artefactos e esqueletos humanos) datan do ano 200 a.C. ao ano 100 d.C. Nomeada así polo deus hindú Vishnu, a cidade pode ser a primeira capital dun estado cultural e quizais mesmo politicamente uniforme na historia de Birmania. Era un gran asentamento fortificado, que medía aproximadamente 300 hectáreas dentro das murallas rectangulares (3 km por 1 km). As murallas e fortificacións ao longo dela medían seis metros de grosor e están datadas por radiocarbono nun período entre o 180 a.C. e o 610 d.C. Como a maioría das cidades posteriores, a entrada principal das murallas conducía ao palacio, que estaba orientado cara ao leste. Tamén se escavaron estupas e edificios monásticos dentro das murallas da cidade. thumb|Unha ruína antiga na cidade de Beikthano Pyu thumb|Moedas de prata Pyu expostas no museo de Beikthano

Nome O nome "Beikthano Myo" é a tradución en lingua birmana de "cidade de Vishnu". Segundo Michael Aung-Thwin, este nome non parece estar atestado nas crónicas históricas e só se aplica ao antigo sitio retroactivamente polos estudosos modernos.

Localización Beikthano está situada a 19 quilómetros ao oeste do municipio de Taungdwingyi. Rexión de Magway na autoestrada Taungdwingyi-Magway. As súas coordenadas son latitude (20°) Norte e (95° / 23’) Leste e está construída sobre un terreo a 137 metros sobre o nivel do mar. A antiga cidade de Beikthano abarcaba unha área de 7´8 quilometros cadrados. A muralla oriental da cidade tiña 3.048 metros de longo. A muralla norte tiña 2.743 metros. A muralla sur tiña 2.438 metros, mentres que a muralla occidental derrubouse debido á erosión do solo causada pola acción do arroio Yanpè. Beikthano estaba defendida por dúas murallas, unha muralla da cidade e unha muralla interior do palacio. thumb|left|Mapas dos sitios históricos de Beikthano

Historia Tradicionalmente crese que Beikthano fundouse hai uns 2.400 anos pola princesa Pan Htwar descendente dunha dinastía aínda lendaria de Tagaung no Alto Myanmar. A caída da cidade atribúese a un rei máis poderoso, Duttabaung de Sri Ksetra, quen saqueou a cidade, someteu á princesa, levouna cativa e finalmente casou con ela. Na fase actual da investigación histórica neste país, as personalidades caracterizadas na lenda están máis alá dunha identificación auténtica. Non obstante, a existencia dunha antiga cidade chamada Beikthano (Cidade de Vishnu) está testemuñada polas ruínas que se conservan ata o día de hoxe e indica que a lenda puido xurdir dun núcleo de feitos reais.

As evidencias arqueolóxicas tamén apuntan a un terremoto que destruíu Beikthano arredor do século II d.C. e a unha guerra arredor dos séculos III e IV d.C. A súa crónica real Hmannan Yazawin do século XVIII describe unha guerra entre o Sri Ksetra e Beikthano que pode corresponder a esta guerra do século IV. Aínda que Beikthano é xeograficamente unha cidade-estado Pyu, hai unha falta de evidencias arqueolóxicas para determinar de forma concluínte que os seus habitantes eran Pyu.

Inscrición na UNESCO right|upright=0.6|thumb|Mapa das cidades-estado de Pyu máis importantes En outubro de 1996, propúxose a inscrición de Beikthano, Hanlin e Sri Ksetra na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO. Esta proposta aprobouse pola UNESCO na 38ª sesión do Comité do Patrimonio Mundial celebrada en maio de 2014 en Doha, Qatar. Segundo o informe da UNESCO, o Reino Pyu prosperou durante máis de 1.000 anos entre o 200 a C. e o 900 d.C. Os tres sitios están inscritos segundo os criterios (II), (III) e (IV) que abarcan unha área de 5809 ha cunha zona de seguridade de 6790 ha. A avaliación da integridade da UNESCO dos tres sitios é: "A integridade e fiabilidade das secuencias arqueolóxicas datadas do sitio, coas datacións por radiocarbono derivadas de características arquitectónicas intactas que datan do 190 a.C., proporcionan probas científicas de todo o período de mil anos de ocupación das cidades e reforzan as datas paleográficas proporcionadas polas inscricións en escritura Pyu en artefactos escavados no sitio"

Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Myanmar

Categoría:Patrimonio da Humanidade en Myanmar