A Cidade-Mesquita Histórica de Bagerhat é un lugar situado nos arredores de Bagerhat, no distrito de Khulna, no suroeste de Bangladesh. O complexo arquitectónico inclúe 360 mesquitas islámicas, un mausoleo, edificios públicos, rúas, pontes, tanques de auga para o abastecemento e ducias doutras estruturas, que dan fe dunha considerable habilidade técnica. Erixíronse en poucos anos a mediados do século XV por Khan Jean, un xeneral otomán, coñecido como Califato, ás beiras do río Bhairab, e son un dos principais exemplos arquitectónicos da cultura musulmá medieval na rexión anteriormente coñecida como Bengala (actual Bangladesh). Cunha superficie de 50 km², e con varios monumentos deteriorados, principalmente debido ao avance da vexetación, o sitio pódese dividir en 2 localizacións: a zona oeste que inclúe os arredores da Mesquita Shait-Gumbad e a zona leste que rodea o Mausoleo do xeneral Khan Jean.Cidade-mesquita Histórica de Bagerhat - Bangladexe - UNESCO-WHC - descrição - 'en inglés' ; 'en francés' ; en español. Visitados en 5 de marzo de 2016
En 1985, o Comité do Patrimonio Mundial na súa novena sesiónUNESCO - WHC - 9ª sesión (2 a 6 de decembro de 1985 - París) en inglés; en francés. Visitados en 5 de marzo de 2016. declarouno Patrimonio da Humanidade da UNESCO.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Bangladesh
Ligazóns externas - Galeria de Fotos en inglés; en francés
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Bangladesh