John Van Denburgh, nado o 23 de agosto de 1872 e finado o 24 de outubro de 1924, foi un herpetólogo estadounidense de California.
Traxectoria Van Denburgh naceu en San Francisco e matriculouse na Universidade Stanford en 1891. En 1895 organizou o departamento de herpetoloxía da Academia de Ciencias de California. En 1897 obtivo o seu doutoramento (Ph.D.) na Universidade Stanford e en 1902 o título de doutor en medicina (M.D.) da Universidade Johns Hopkins. Seguidamente, practicou a medicina en San Francisco, mentres á vez era curador das coleccións herpetolóxicas da Academia de Ciencias de California.
Despois do terremoto de San Francisco de 1906 participou na reconstrución das coleccións de herpetoloxía perdidas por medio de novas expedicións e tamén da adquisición doutras coleccións. En 1922 publicou a obra en dous volumes The Reptiles of Western North America (Réptiles do oeste de América do Norte).
Morreu en 1924 mentres estaba de vacacións en Honolulu, Hawai.
Taxons nomeados en honor de Van Denburgh Van Denburgh descubriu e describiu polo menos 38 taxons de réptiles nunha serie de artigos e libros publicados entre 1895 e 1922.
É lembrado nos nomes científicos de catro subespecies de réptiles, que son: Aspodoscelis tigris vandenburghi, Diadophis punctatus vandenburgii, Sceloporus graciosus vandenburgianus, Scincella vandenburghi,Beolens, Bo; Watkins, Michael; Grayson, Michael (2011). The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. xiii + 296 pp. . ("Van Denburgh", pp. 271-272). e Chelonoidis niger vandenburghi (que tamén foi tratada como especie nalgunhas clasificacións).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
.
Categoría:Nados en 1872 Categoría:Finados en 1924 Categoría:Médicos dos Estados Unidos de América Categoría:Zoólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Herpetólogos dos Estados Unidos de América