Jean Foy-Vaillant, nado en Beauvais o 24 de maio de 1632 e finado en París o 23 de outubro de 1706, foi un numismático francés.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Jean Foy-Vaillant, nado en Beauvais en 1632,Dupont-White, J. T. (1843). Páxina 3.Expilly, J. J. (1763). era fillo de Françoise de La Croix e de Jean Foy, e sobriño do xurista Clément Vaillant. Foi adoptado de neno polo seu tío avó materno, logo do pasamento do seu pai, e del herdou os seus bens e tamén o apelido Vaillant.Dupont-White, J. T. (1843). Páxina 4."Jean Foy Vaillant, grand numismate beauvaisien". Monnaies Club du Beauvaisis (Numisclub.beauvais.free.fr). Estaba emparentado coa familia Foy de Beauvais, unha das principais da cidade, da que procederan varios alcaldes.Goubert, P. (1960). Beauvais et le Beauvaisis. SEVPEN, París.
A súa primeira educación correu a cargo do seu tío, e logo acudiu ao Collège de Beauvais, onde completou os estudos de Filosofía aos catorce anos e foi admitido como avogado no Parlamento de París aos dezasete. Aínda que estaba destinado a suceder o seu tío como fiscal público do bispado e do condado de Beauvais, decidiu estudar Medicina, e acadou o seu doutoramento nesta disciplina aos vinte e tres anos, aínda que non exerceu despois a profesión.
Dedicación á numismática Mentres estaba en Beauvais, o achado dun tesouro monetario por un labrego da zona, ao que tivo acceso, espertou nel o interese polas moedas antigas, o cal marcou toda a súa traxectoria posterior."Foy-Vaillant, Jean". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS.fr).Dupont-White, J. T. (1843). Páxina 5.
Nunha viaxe a Roma, descubriu as antigüidades daquel imperio e converteuse en discípulo de Francesco Cameli, anticuario da raíña Cristina de Suecia, quen o iniciou na numismática romana. Logo coñeceu a Pierre Seguin, que posuía unha rica colección de medallas e fora enviado polo rei Luís XIV para mercar exemplares para o Gabinete de Medallas, e tamén tomou contacto co daquela conservador do Gabinete, Pierre de Carcavi.Véxase o prefacio, non paxinado, do seu traballo Numismata imperatorum romanorum praestantiora [...], publicado en París en 1674.
Recoñecido pola súa erudición, emprendeu varias viaxes a expensas de Luís XIV, a Italia, Sicilia, Grecia, Exipto, Persia,Leblond, V. (1927). "Don à l'Académie d'un manuscrit de Jean Foy-Vaillant, Relation du voyage qu'il fit en Perse en 1679". En Comptes rendus des séances de l'Académie des inscriptions et belles-lettres. 71-1. Páxinas 11-17. os Países Baixos e Inglaterra, e regresou con valiosas coleccións numismáticas, que axudaron a establecer rapidamente o Gabinete de Medallas do Rei como o mellor de Europa.Dupont-White, J. T. (1843). Páxinas 6, 9. Nunha destas viaxes, entre Marsella e Roma, foi apreixado por un corsario e ficou preso en Alxer durante uns meses.Dupont-White, J. T. (1843). Páxina 7.
Inicialmente encargouse do Gabinete de Medallas do Duque de Maine, e en 1684 foi destinado ao Gabinete de Medallas do Rei, coa tarefa de colaborar co seu director, Pierre Rainssant, na súa organización e na elaboración dun catálogo."Pierre Rainssant, commis à la garde du Cabinet des médailles du roi, 1683-1689". En Les intendants et gardes du Cabinet des médailles des origines à 1753. Biblioteca Nacional de Francia. 2007. Páxinas 6-7.
Foy-Vaillant ingresou en 1701 na Académie des inscriptions et belles-lettres.
Vida persoal O seu primeiro matrimonio foi con Antoinette Adrien, filla de Antoinette Le Boucher e do avogado Pierre Adrien, e neta do xurista e poeta Raoul Adrien. En 1662, logo da morte da súa primeira esposa, fuxiu a Roma coa súa cuñada Louise Adrien para obter unha dispensa papal que lle permitise casar con ela.
Do seu primeiro matrimonio tivo tres fillas, unha das cales casou con Toussaint Leullier, avogado e fiscal público do condado de Beauvais. As súas outras dúas fillas fixéronse monxas. Do seu segundo matrimonio tivo a Jean-François Foy-Vaillant (1665-1708), que seguiu os pasos do seu pai e tamén foi admitido na Académie des Inscriptions. Os seus outros fillos seguiron carreiras militares.
Jean Foy-Vaillant finou en París o 23 de outubro de 1707, aos 74 anos.
Publicacións miniatura|368x368px|Ilustración do artigo "Nummi antiqui familiarum romanarum", publicado en Acta Eruditorum en 1704.Esta é unha escolma da abundante obra numismática de Jean Foy-Vaillant:
(1674). Numismata imperatorum romanorum praestantiora a Julio Caesare ad Posthumum et tyrannos. Tomo I; Tomo II. París. (1681). Seleucidarum imperium, sive historia regum Syriae. París. (1689). Joannis Harduini Societatis Jesu Presbyteri Antirrheticus de nummis antiquis coloniarum et municipiorum. París. (1694). Selectiora numismata in ære maximi moduli e museo illustrissimi D.D. Francisci de Camps. París. (1695). Numismata aerea imperatorum, augustarum, et caesarum, in coloniis, municilpiis, et urbibus jure latio donatis. Parte I; Parte II. París. (1698). Numismata imperatorum, Augustarum et Cæsarum, à populis Romanæ ditionis Græce loquentibus ex omni modulo percussa. París. (1701). Historia Ptolemoerum Egypti regum, ad fidem numismatum accommodata. Ámsterdam. (1703). Nummi antiqui familiarum romanarum perpetuis interpretationibus illustrati. Vol. I; Vol. II. Amsterdam. (1725). Arsacidarum imperium, sive, regum Parthorum historia. Ad fidem numismatum accommodata. Tomo I; Tomo II. París.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Dupont-White, J. T. (1843). Notice sur Foy-Vaillant, célèbre antiquaire, né à Beauvais. Miens.
Expilly, J. J. (1763). "Jean-Foy Vaillant". En Dictionnaire géographique, historique et politique des Gaules et de la France. Volume I. Ámsterdam. Páxina 543.
Categoría:Nados en 1632 Categoría:Finados en 1706 Categoría:Nados no departamento de Oise Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Avogados de Francia Categoría:Médicos de Francia Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Membros da Académie des inscriptions et belles-lettres