alt=Un músico entrevistado nun estudo de radio por tres entrevistadores|miniatura|Un músico entrevistado nun estudo de radio. Unha entrevista é unha conversa estruturada na que unha persoa fai preguntas e outra dá respostas. A palabra entrevista refírese a unha conversa entre dúas persoas: un entrevistador e un entrevistado. O entrevistador fai preguntas ás que responde o entrevistado proporcionando información. Esa información pódese utilizar con diversos fins ou proporcionar a outras audiencias en directo ou en diferido. Esta característica é común a moitos tipos de entrevistas: unha entrevista de traballo ou unha entrevista cunha testemuña dun evento pode non ter outra audiencia presente nese momento, pero as respostas proporcionaranse máis tarde a outras persoas no proceso de emprego ou de investigación. Unha entrevista tamén pode transferir información en ambos sentidos.

Características alt=Unha muller e un home entrevistan a una muller|miniatura|Unha muller entrevistando para un traballo. As entrevistas adoitan facerse oralmente en persoa, pero tamén se poden utilizar medios diversos como as videoconferencias ou os teléfonos. Poden facerse por medios asíncronos, de modo escrito e mesmo de forma grupal.

As entrevistas poden ser conversas estruturadas, semiestruturadas e non estruturadas consonte a flexibilidade coa que se teña planificado. Unha entrevista non estruturada está moi pouco planificada e o entrevistador tenta manter o tema previsto de conversa sen ter un plan cerrado de preguntas. No outro extremo, están as entrevistas moi estruturadas nas que o protocolo de preguntas é moi estrito sen dar lugar a saírse de el. A estrutura e formato dunha entrevista poden ser moi variados segundo a finalidade, a extensión a metodoloxías. Polo xeral, precísase dun sistema de rexistrar a conversa: tomando notas ou gravando en formato son ou vídeo. As entrevistas adoitan ter unha duración limitada e poden realizarse nunha ou en varias sesións.

Requisitos alt=Dúas atletas son entrevistadas|miniatura|Atletas entrevistadas despois dunha carreira Para realizar unha entrevista, cómpre:

Preparar o medio físico ou tecnolóxico no que se vaia a desenvolver a entrevista Ofrecer algunha bebida ou comida Contar con coñecemento sobre o tema Facilitar, animar e invitar a proporcionar información Adaptarse á personalidade da persoa entrevistada Coñecer a lingua e o rexistro lingüístico de comunicación da persoa entrevistada Ter un protocolo de entrevista Contactar previamente coa persoa que se vaia entrevistar Informar previamente á persoa entrevistada sobre a finalidade da entrevista Solicitar o permiso e consentimento para o uso que se vaia facer da información Dispor e preparar os medios acordados para a recollida ou gravación da información Ter habilidade para lembrar e flexibilizar a conversa Ter previsto como iniciar e rematar a entrevista Dar conta do resultado posteriormente á entrevista

Tipos alt=Un home é entrevistado para a televisión|miniatura|Algunhas entrevistas para retransmisións televisivas Segundo a finalidade, os diferentes tipos de entrevista son:

Entrevista clínica Entrevista cognitiva Entrevista de actualidade Entrevista de divulgación Entrevista de enquisa Entrevista de investigación Entrevista de personalidade Entrevista de traballo Entrevista xornalística Entrevista policial

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Entrevista xornalística

Ligazóns externas

A entrevista de traballo en galego. Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo. Xunta de Galicia . Talento Galego. Web de entrevistas e reportaxes sobre persoas ou empresas galegas

Categoría:Xornalismo