Silene vulgaris, de nome común colexa ou silene mariña, é unha especie da familia Caryophyllaceae.

Descrición miniatura|Inflorescencia Planta herbácea e vivaz, que adoita medir entre 20 e 60 cm aínda que pode chegar a alcanzar os 100, cuxas partes aéreas se agostan a finais do verán ou coa chegada do frío, rebrotando de cepa coa chegada das temperaturas primaverais máis cálidas; noutras zonas de España, cerca do litoral, as súas follas son lanceoladas, de cor verde claro. As flores, hermafroditas, cos pétalos brancos, divididos en dous lóbulos e co cáliz amplo característico da especie. Pertence á familia das cariofiláceas, que entre outras especies coñecidas inclúe aos caraveis e caraveis da China (xénero Dianthus). A colexa sobrevive e expállase grazas a un mesto sistema de talos subterráneos que medra cada ano, dando lugar a colonias densas de rosetas de follas, das que a mediados da primavera emerxen talos portadores de flores con cinco pétaos brancos, parcialmente envolvidos por un cáliz en forma de saco. As follas basais son lanceoladas, glaucas –de cor verde azulada-, de até 4-5 cm de lonxitude, algo crasas e de bordo finamente serrado; as do talo son máis triangulares, menores, pero de textura similar. Os pétalos están divididos en dous lóbulos na súa parte superior, polo que poden dar a aparencia de seren dez, no canto de cinco. A partir de cada flor fórmase un froito en forma de cápsula, con forma de vasilla, que aloxa numerosas sementes escuras e arriñonadas; as sementes están cubertas de pequenos tubérculos, que facilitan o seu transporte polas mandíbulas das formigas.

O xénero Silene ten numerosos representantes na flora, pero a maioría destas son anuais e de rechamantes flores rosadas, frecuentes durante a primavera ao longo dos lindes de camiños e sementados.

Distribución e hábitat Presente en toda Europa, Norte de África e Centro e Oeste de Asia, achando o seu óptimo nos países de clima mediterráneo; atópase ademais, como planta invasora, noutras rexións do globo, como ocorre en Norteamérica.

As colexas viven en pasteiros algo embravecidos, beirarrúas, inmediacións de casais e ermidas rurais, e en xeral terreos algo compactados e non sometidos a laboreos anuais; non é raro velas ao pé de aciñeiras ou outras grandes árbores como oliveiras e chopos, onde a presenza de plantas espiñentas próximas, como as esparragueiras, axudan a protexelas do dente do gando. Tampouco faltan xunto aos muros das hortas, e mesmo nalgunha rúa do centro urbano. Escasean nos hábitats máis evolucionados como xaara, manchas e aciñeiras. En xeral prefiren os chans areosos, onde as súas raíces medran con menos impedimentos, aínda que aparecen tamén nos derivados de lousas e outras rochas compactas, nas que se atopa como inflorescencias en cimas terminais.

Usos

Gastronomía miniatura|Detalle das flores A colexa é unha das plantas nutricias autóctonas por excelencia en toda a rexión mediterránea, podendo consumirse as follas e os talos tenros, mesmo en cru. É unha verdura moi fina, até o punto de que nin sequera adoita ser necesario eliminar a auga de cocción para consumilas. O fervido previo é recomendable para reblandecer os tecidos da folla durante 5 ou 10 minutos, aínda que non é necesario. Pode empregarse en guisos, fervida, en ensalada ou mesmo en tortilla, bastando sofritir previamente as follas, con ou sen cocción preliminar. O seu emprego como verdura tradicional foise abandonando co tempo, probablemente polo laborioso da súa preparación, xa que as follas deben separarse dos talos unha a unha.

Na illa de Eivissa, a colexa, coñecida como "verdura", é un dos ingredientes do "Cuinat", unha potaxe vexetariana que se prepara na Semana Santa.

Como anécdota, o silene úsase en xogos de infancia. Arríncase a súa flor coa súa envoltura ríxida e faise estalar, con sorprendente ruído, sobre a palma da outra man.

Taxonomía Silene vulgaris foi descrita por (Moench) Garcke e publicado en Flora von Nord- und Mittel-Deutschland 64. 1869.

Citoloxía Número de cromosomas de Silene vulgaris (Fam. Caryophyllaceae) e táxones infraespecíficos: 2n=24Recuentos cromosómicos en plantas vasculares españolas. Fernández Casas, J. (1977) Saussurea 8: 33-55

Etimoloxía O nome do xénero está certamente vinculado ao personaxe de Sileno (en grego Σειληνός; en latín Sīlēnus), pai adoptivo e preceptor de Dionisos, sempre representado con ventre inchado similar aos cálices de numerosas especies, por exemplo Silene vulgaris ou Silene conica. Aínda que tamén se evocou (Teofrasto via Lobelius e logo Linneo) unha posible orixe a partir do Grego σίαλoν, ου, "saliva, moco, baba", aludindo á viscosidad ede certas especies, ou ben σίαλος, oν, "gordo", que sería o mesmo que a primeira interpretación, ou sexa, inflado/inchado.

Subespecies

Silene vulgaris subsp. aetnensis (Strobl) Pignatti Silene vulgaris subsp. angustifolia Hayek Silene vulgaris subsp. commutata (Guss.) Hayek Silene vulgaris subsp. suffrutescens Greuter, Matthäs & Risse

Sinonimia

Nomes comúns Ten numerosos nomes comúns utilizados en cada rexión e moitos deles fan referencia xa sexa á forma da flor (como faroliños ou campaíña), ou ao ruído que fan os seus cálices secos cheos de sementes ao estoupar cando se esmagan (en castelán, tiratiros, sanjuanines ou explotaculos).

Notas

Categoría:Silene