Miguel Lamas, nado en Fene en 1993, é un batería galego, gañador dun Premio Grammy Latino. Destacado por colaborar, como independente, en diversos discos da escena musical española. Interpreta tanto música rock, como jazz, ou tamén música tradicional galega, música afro jazz, brasileira ou africana.

Traxectoria Iniciouse na batería aos 4 anos, proveniente dunha familia dedicada ao sector musical. Participou no seu primeiro concerto aos 6 anos. A primeira vez que marchou de xira foi aos 11 anos, acompañando ao grupo galego BellónMaceiras Quinteto.

Despois duns anos, Miguel tocou nalgúns dos festivais de percusión máis importantes do mundo, como: Meinl Drum Festival (Alemaña), The UK Drumshow (Manchester), Bag’Show (París), TamTam Drum Festival (2015/2019), Alteisa Drum Festival, Galician Drumming Festival, La Rioja Drumfest (España), Drum Festival Switzerland, Meinl Drum Day / Scottish Drumming Festival (Escocia), Porto Drumshow (Portugal), Musik Produktive Mess (Alemaña), NAMM Show (EE. UU.) e Pearl Drum Day (Venlo, Países Baixos)... por citar algúns.

Ao longo da súa traxectoria profesional, colaborou coas seguintes bandas e músicos:

Dani Martín, Melendi, Pablo Alborán, Manuel Carrasco, Amaia Montero, Miriam Rodriguez, Abraham Mateo, Maldita Nerea, David DeMaría, Niño Josele feat. Chick Corea, Merche, Álvaro de Luna, Álex Ubago, Zahara, Raimundo Amador, O'Funk'Illo, David Bustamante, Soraya Arnelas, Lérica, Miguel Ríos, Andrés Suárez, Tomasito, Pepe Bao, Canijo de Jerez, Santiago Campillo, Carlos Segarra, Lin Cortés, Nani Bodán Cortés (Tomsos), o De Colombo Kennedy, tanto en estudio como en concertos en directo.

Miguel está patrocinado en todo o mundo por Pearl Drums, Meinl Cymbals, Evans Drumheads, Meinl Stick & Brush, Cympad, Soundz In Ear Monitoring, NBO Accessories.

Notas

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Fene Categoría:Baterías