O Montaña Sulayman (kirguizo Сулайман-Тоо, Sulaiman-Too, Rocha Sulayman) é o único Patrimonio da Humanidade situado integramente no país de Kirguizistán. Está situado na cidade de Osh e foi noutro tempo un importante lugar de peregrinación premusulmá.
Historia Algúns investigadores e historiadores cren que esta montaña é o famoso fito da antigüidade coñecido como a "Torre de Pedra", sobre a que Claudio Ptolomeo escribiu no seu tratado Geographia. A Torre de Pedra marcaba o punto medio da antiga Ruta da Seda, a ruta comercial terrestre que percorrían as caravanas entre Europa e Asia.
Santuario de Sulayman Sulayman (Salomón) é un profeta do Corán, e a montaña contén un santuario que supostamente marca a súa tumba. As mulleres que ascenden ao santuario no cumio e se arrastran por unha abertura na rocha sagrada, segundo a lenda, darán a luz a fillos sans. As árbores e arbustos da montaña están cubertos con numerosas "bandeiras de oración", pequenos anacos de tea que están atados a eles.
Protección da área Segundo a UNESCO, a montaña é "o exemplo máis completo dunha montaña sagrada en calquera lugar de Asia Central, venerada durante varios milenios". O sitio segue a ser un lugar popular para os musulmáns locais, con escaleiras que conducen ao pico máis alto onde se atopa unha pequena mesquita construída orixinalmente por Babur en 1510. Gran parte da mesquita reconstruíuse a finais do século XX.
A rocha tamén contén o Complexo do Museo Histórico e Arqueolóxico Nacional Sulayman que construíuse durante a era soviética, e que mostra achados arqueolóxicos da zona e a súa historia. A ladeira inferior da montaña está rodeada por un cemiterio.
Galería
Notas
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Kirguizistán
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Kirguizistán