Unha intersección ciclista é un tipo de intersección viaria no que unha vía ciclista se cruza con outra ou outras vías. O seu deseño ten en conta criterios de seguridade, visibilidade e prioridade, co obxectivo de minimizar conflitos entre usuarios e facilitar desprazamentos fluídos.
As interseccións son os lugares onde se producen accidentes con maior probabilidade. Para evitalos, as interseccións deben deseñarse tendo en conta que deben garantir a intervisibilidade entre os diferentes usuarios, deben ser autoexplicativas para que a atención se centre nas persoas en lugar da sinalización, deben ter un deseño axeitado para reducir a velocidade dos vehículos motorizados e deben minimizar os tempos de espera e os percorridos de ciclistas e peóns.
As interseccións ciclistas poden clasificarse segundo o tipo de vía coa que se cruzan:
Cruzamentos peonís Os peóns sempre terán prioridade sobre os ciclistas nos cruzamentos con vías ciclistas.
Cruzamento de vía ciclista con beirarrúa''. Debe incluír paso de peóns que indique a prioridade peonil. Cruzamento de vía ciclista con senda peonil. A vía ciclista inclúe ceda o paso ás persoas peóns. Cruzamento de vía ciclista con paso peonil a nivel de beirarrúa. Son as persoas ciclistas as que cambian de cota, marcando a prioridade peonil. Cruzamento de vía ciclista con paso peonil a nivel de calzada. A vía ciclista non cambia de cota, pero existe un refuxio antes do cruzamento da calzada. Vía ciclista anexa á calzada con cruzamento peonil único. A calzada e a vía ciclista anexa xeran un cruzamento continuo. Vía ciclista sobre zona peonil. O pavimento e as marcas reflicten a prioridade peonil.
Cruzamentos entre vías ciclistas Unha das direccións debe ceder o paso á outra. Intersección ciclista. O cruzamento perpendicular obriga a que unha dirección ceda o paso á outra. Rotonda ciclista. Mellora a visibilidade e obriga a reducir a velocidade.
Cruzamentos con tráfico a motor
Son as interseccións máis perigosas para as persoas ciclistas. O deseño debe garantir a seguridade, a visibilidade e a prioridade ciclista.
Segundo o nivel Paso a nivel. As bicicletas e o resto de vehículos están ao mesmo nivel, podendo producirse colisións. Paso elevado. Permite salvar a vía motorizada sen interacción directa mediante unha estrutura elevada. Pasarela ciclista. Tipo específico de paso elevado destinado ao tránsito exclusivo ou prioritario de bicicletas e, nalgúns casos, peóns. Paso inferior. Evita o cruzamento con vehículos mediante un paso subterráneo. Túnel ciclista. Tipo específico de paso inferior destinado ao tránsito exclusivo ou prioritario de bicicletas e, nalgúns casos, peóns.
Segundo a prioridade Cruzamento ciclista sen prioridade. Obriga ás persoas ciclistas a ceder o paso aos vehículos motorizados. Cruzamento ciclista sen prioridade con refuxio. Incorpora unha zona intermedia para cruzar en dous tempos con maior seguridade. Cruzamento con prioridade ciclista. Outorga preferencia ás persoas ciclistas fronte ao tráfico motorizado. Cruzamento elevado. Eleva a vía ciclista para calmar o tráfico e reforzar a prioridade ciclista.
Segundo a xeometría do trazado Cruzamento con retranqueo. Separa a vía ciclista da calzada. Cruzamento lineal sen retranqueo. Mantén a vía ciclista na mesma aliñación coa calzada. Cruzamento avanzado cara á calzada. Adianta a posición ciclista para facela máis visible ao tráfico.
Segundo a protección Intersección sen protección. Carece de elementos que separen e protexan ás persoas ciclistas do tráfico. Intersección protexida. Incorpora elementos físicos que aumentan a seguridade ciclista.
Segundo a regulación do tráfico Intersección con semáforo ciclista. Regula o paso mediante sinais específicas para bicicletas. Intersección semaforizada permitindo o xiro ciclista á dereita. Autoriza xiros á dereita en determinadas condicións aínda que o semáforo estea en vermello. Intersección permitindo o Idaho stop. Permite ás persoas ciclistas tratar certos sinais como ceda o paso para mellorar a fluidez.
Manobras ciclistas específicas Plataforma avanzada de espera. En ciclorrúas e ciclocarrís, ofrece un espazo avanzado para que as persoas ciclistas se posicionen antes do semáforo. Xiro indirecto á esquerda. Permite realizar xiros en dúas fases para maior seguridade. Carril bici unidireccional con xiro ciclista á dereita sen intersección. Facilita o xiro sen necesidade de deter-se nin cruzar tráfico.
Elementos complementarios de deseño Vado. Mantén a continuidade do itinerario ciclista sobre accesos a propiedades ou rúas secundarias. Filtro modal. Restrinxe o paso a vehículos motorizados, permitindo só o tránsito ciclista e peonil.
Rotondas Mentres que as rotondas están deseñadas para reducir o número de posibles accidentes entre vehículos, algúns deseños poden empeorar a seguridade ciclista, polo que deben incorporar elementos específicos de protección.
Rotonda con preferencia ciclista. Situada entre ciclorrúas, a rotonda mantén a prioridade, indicando que as persoas ciclistas deben circular polo centro da calzada, evitando que outros vehículos intenten adiantalas. Rotonda holandesa. A rotonda incorpora unha vía ciclista no seu perímetro, garantindo a prioridade ciclista. Rotonda con anel ciclista interior. A rotonda incorpora unha vía ciclista no seu interior. Habitualmente o acceso ao anel ciclista central debe estar regulado por semáforos. Rotonda partida. A vía ciclista mantense lineal, polo que se xeran pasos ciclistas nas interseccións.
Cruzamentos con vías férreas As vías ciclistas poden cruzar vías férreas de trens ou tranvías. Paso a nivel. A vía ciclista e a vía férrea encóntranse ao mesmo nivel. Paso a desnivel. A vía ciclista e a vía férrea crúzanse a diferente nivel. Paso superior. A vía ciclista pasa nun nivel superior á vía férrea. Pasarela ciclista. Ponte sobre as vías. Paso inferior. A vía ciclista pasa nun nivel inferior á vía férrea. Túnel ciclista. Vía subterránea baixo as vías
Paradas de transporte público Son puntos onde a vía ciclista interactúa coas paradas, requirindo un deseño que garanta a seguridade e visibilidade de persoas ciclistas e usuarias do transporte público. Diante da parada. A vía ciclista pasa entre o tráfico e a zona de espera do transporte público, xerando interacción directa coas persoas usuarias. A nivel de calzada. A vía ciclista sitúase ao nivel da calzada, pasando sobre a propia parada, debendo ceder o paso durante a parada do autobús. A nivel de beirarrúa. A vía ciclista discorre ao nivel da beirarrúa, debendo ceder o paso durante a subida e baixada de persoas usuarias. En apartadoiro. A parada retráncase, permitindo o paso de persoas ciclistas durante a parada.
Detrás da parada'''. A vía ciclista sitúase por detrás da zona de espera, reducindo conflitos coas persoas usuarias do transporte. A nivel de calzada. Mantén o nivel da calzada, polo que as persoas peóns deben cruzar unicamente nos puntos con rebaixe. A nivel de beirarrúa. Intégrase no espazo peonil tras a parada, polo que debe indicarse a prioridade para as persoas peóns.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Infraestrutura ciclista Ciclabilidade
Categoría:Infraestruturas viarias Categoría:Infraestrutura ciclista Categoría:Urbanismo