A proteína do punto de control do ciclo celular RAD1 é unha proteína que nos humanos está codificada no xene RAD1 do cromosoma 5.

Función Este xene codifica un compoñente do complexo do punto de control do ciclo celular heterotrímero, coñecido como o complexo 9-1-1, que se activa para parar a progresión do ciclo celular en resposta aos danos no ADN ou á replicación do ADN incompleta. O complexo 9-1-1 é recrutado por RAD17 aos sitios afectados onde pode atraer ADN polimerases especializadas e outros efectores da reparación do ADN. Alternativamente, describíronse variantes de transcrición empalmados codificando diferentes isoformas desta proteína.

Meiose Durante a meiose prodúcense roturas de dobre febra no ADN que inician a recombinación. A recombinación é un proceso que repara as rotura e tamén promove unha correcta segregación dos cromosomas. En lévedos o complexo 9-1-1 (que inclúe RAD1) facilita a recombinación meiótica. Un mecanismo alternativo, aínda que inexacto, para reparar roturas de dobre febra é a unión de extremos non homólogos. Na planta do arroz, o complexo 9-1-1 promove a recombinación meiótica exacta ao suprimir o proceso alternativo da unión de extremos non homólogos.

Durante a meiose dos mamíferos os complexos 9-1-1 promoven a sinapse de cromosomas homologos. A alteración específica dos testículos de RAD1 en ratos resulta na reparación defectiva de roturas de dobre febra, a depleción de células xerminais e a infertilidade.

Interacción Esta proteína presenta interaccións con: HUS1, RAD17, e RAD9A,

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Hidrolases