Almroth Edward Wright (nado o 10 de agosto de 1861, finado o 30 de abril de 1947) foi un bacteriólogo e inmunólogo inglés.

É notable por desenvolver un sistema de inoculación antitifoide, ser un dos primeiros en recoñecer que o uso de antibióticos acabaría creando bacterias resistentes e ser un decidido partidario da medicina preventiva.

Traxectoria Wright naceu en Middleton Tyas, preto de Richmond, North Yorkshire nunha familia mixta de ascendencia anglo-irlandesa e sueca.Michael Worboys, 'Wright, Sir Almroth Edward (1861–1947)', Era fillo do reverendo Charles Henry Hamilton Wright, diácono de Middleton Tyas, que posteriormente exerceu en Belfast, Dublín e Liverpool e xestionou a Sociedade da Reforma Protestante. A súa nai, Ebba Almroth, era a filla de Nils Wilhelm Almroth, gobernador da Casa da Moeda Real Sueca en Estocolmo.Sir Charles Hagberg Wright (obituary) . The Times, 7 de marzo de 1940. O seu irmán máis novo, Charles Theodore Hagberg Wright, foi bibliotecario da Biblioteca de Londres.

En 1882, graduouse no Trinity College Dublin con honores de primeira clase en literatura moderna e gañou a medalla de ouro en linguas modernas e literatura. Simultaneamente fixo cursos de medicina e en 1883 graduouse en medicina. A finais do século XIX, Wright traballou coas forzas armadas británicas para desenvolver vacinas e promover a inmunización.

Casou con Jane Georgina Wilson (1861-1926) en 1889 e tivo tres fillos. O primeiro, Edward Robert Mackay Wright (1890–1913), naceu en Glebe, Sydney. O segundo fillo, Leonard Almoth Wilson Wright (1891–1972), naceu en Dublín, como tamén a súa irmá Doris Helena MacNaughton Wright (posteriormente Romanes, pola cal recibiu o seu nome a Escola Helena Romanes) (1894–1990).England and Wales, National Probate Calendar (Index of Wills and Administrations), 1858-1995 for Almoth Edward Wright

En 1902, Wright puxo en funcionamento un departamento de investigación na Escola Médica do Hospital de Santa María de Londres. Desenvolveu un sistema de inoculación antitifoide e unificou as teorías humoral e celular da inmunidade mostrando a cooperación dunha substancia (que el chamou opsonina) contida no soro cos fagocitos na loita contra os patóxenos. Citando o exemplo da segunda guerra boer, durante a cal moitos soldados morreron de doenzas doadamente previbles, Wright convenceu as forzas armadas de que se deberían producir 10 millóns de doses de vacinas para as tropas destacadas no norte de Francia durante a primeira guerra mundial. Durante a Gran Guerra Wright estableceu un laboratorio de investigación asociado ao hospital da Forza expedicionaria británica designado Hospital Xeral Número 13 en Boulogne-sur-Mer. En 1919, Wright tornou ao hospital de Santa María e permaneceu alí ata a súa xubilación en 1946. Entre os moitos bacteriólogos que seguiron os pasos de Wright nese hospital estaba Alexander Fleming, que posteriormente descubriría a lisocima e a penicilina. Wright foi elixido Membro da Real Sociedade en maio de 1906. Leonard Colebrook foi o seu axudante en 1907 e continuou traballando con el ata 1929.

Wright advertiu con grande anticipación que o uso de antibióticos crearía bacterias resistentes, algo que demostaría ser un perigo en aumento. As súas ideas sobre medicina preventiva foron influíntes, salientando as medidas preventivas. As ideas de Wright foron reafirmadas recentemente —70 anos despois da súa morte— polos investigadores modernos en artigos en revistas como o Scientific American. Tamén argumentaba que os microorganismos son vehículos de doenzas pero non a súa causa, unha teoría que lle valeu o alcume de "Almroth Wrong" ("Almroth Equivocado", cambiando o seu apelido Wrigt por Wrong) que lle puxeron os seus opoñentes. Outro alcume denigratorio que lle deron era "Sir Almost Wright" ("Sir Case Correcto", cambiando o seu nome Almroth por Almost e xogando coas palabras homófonas wright e right).

Tamén propuxo que a lóxica debería introducirse como parte da formación médica, mais a súa idea nunca se aplicou. Wright tamén sinalou que Pasteur e Fleming, aínda sendo ambos excelentes investigadores, non conseguiran atopar curas para as doenzas para as cales estaban buscando curación, senón que acabaron atopando curas para doenzas que non tiñan nada que ver.

Wright era un decidido partidario da teoría das ptomaines como causa do escorbuto. A teoría era que as carnes mal conservadas contiñan alcaloides (os ptomaines) que eran velenosos para os humanos cando os inxerían. Esta teoría estaba en auxe cando Robert Falcon Scott planeou a súa desgrazada expedición á Antártida en 1911. En 1932, determinouse a verdadeira causa do escorbuto, que era a deficiencia de vitamina C na dieta (tamén chamada ácido ascórbico, e ascórbico e escorbuto teñen a mesma raíz).

Hai un pavillón que leva o seu nome no Hospital de Santa María, Paddington, Londres.

Oposición ao sufraxio feminino Wright opúxose fortemente ao sufraxio feminino. Argumentaba que os cerebros das mulleres eran diferentes de forma innata aos dos homes e non estaban constituídos para tratar cos asuntos sociais e públicos. Os seus argumentos foron expostos de forma máis detallada no seu libro The Unexpurgated Case Against Woman Suffrage (1913). No libro, Wright tamén se opoñía vigorosamente ao desenvolvemento profesional das mulleres. Rebecca West e May Sinclair escribiron ambas artigos criticando a oposición de Wright ao sufraxio das mulleres. Charlotte Perkins Gilman satirizou a oposición de Wright ao sufraxio das mulleres na súa novela Herland.

Relación con Bernard Shaw Wright era amigo do tamén irlandés George Bernard Shaw. Foi inmortalizado como Sir Colenso Ridgeon na súa obra de teatro The Doctor's Dilemma escrita en 1906, que se orixinou de conversacións entre Shaw e Wright."Violet M. Broad & C. Lewis Broad, Dictionary to the Plays and Novels of Bernard Shaw, A. & C. Black, London, 1929, p.41. Ambos coñecéronse en 1905, e tiveron unha longa serie de fortes discusións, incluíndo o reto para os médicos que supoñía ter "xa demasiados pacientes nas súas mans". A resposta de Shaw foi preguntar que se faría se houbese máis demanda de atención de pacientes que a que puidese ser atendida, e Wright respondeu: "Deberiamos considerar cal vida merecería máis a pena de ser salvada." Isto converteuse no "dilema" da obra de teatro.Michael Holroyd, The Guardian 13 de xullo de 2012, "Bernard Shaw and his lethally absurd doctor's dilemma".

Shaw tamén o retratou na súa obra curta How These Doctors Love One Another! e usa a súa teoría da mutación bacteriana en Too True to Be Good. Shaw, que fixo campaña a prol do sufraxio feminino, estaba en total desacordo con Wright sobre o cerebro das mulleres e rexeitou esas ideas considerándoas absurdas.

Premios Wright foi honrado polos seus logros 29 veces ao longo da súa vida: nomeamento de cabaleiro, 5 doutoramentos honoris causa, 5 ordes honorarias, 6 nomeamentos de irmandades (dúas honorarias), 4 premios, 4 membresías, e 3 medallas (Medalla Buchanan, Medalla de Ouro Fothergill e unha medalla especial "polo mellor traballo médico en relación coa guerra"). Foi proposto 14 veces para o premio Nobel desde 1906 a 1925 e nunca o gañou. 1906 Nomeamento de cabaleiro 1906 Membro da Real Sociedade de Londres 1906 Membro do Colexio Real de Cirurxiáns de Irlanda 1906 Doutor honoris causa da Universidade de Dublín 1908 A Medalla de Ouro Fothergill, outorgado pola Sociedade Médica de Londres 1912 A Liberdade da Cidade de Belfast 1913 O Premio Húngaro, outorgado polo Congreso Internacional de Londres 1915 Compañeiro da Orde do Baño 1915 O Premio Leconte (50.000 francos), concedido polo Instituto de Francia 1915 A Orde Belga da Coroa 1916 Membro asociado da Academia de Medicina de París 1917 A Medalla Buchanan, outorgada pola Real Sociedade de Londres 1918 Elixido Membro Correspondente do Instituto de Francia 1918 A Orde Serbia de San Sava (1ª clase) 1919 Comandante Cabaleiro da Orde do Imperio Británico 1919 Doutor honoris causa, Universidade de Leeds 1919 Membro honorario da Real Sociedade de Medicina, Londres 1920 Unha medalla especial concedida pola Real Sociedade de Medicina "polo mellor traballo médico en relación coa guerra" 1921 Membro da Sociedade Imperial de Medicina, Constantinopla 1921 A Orde do Príncipe Danilo I (1ª clase) 1924 Doutoramento da Universidade de París 1927 Doutor honoris causa en dereito pola Universidade de Edinburgo e Universidade da Raíña 1927 Membro honorario da Sociedade Vienesa de Microbioloxía 1931 Membro honorario do Trinity College Dublin 1931 Doutoramento honoris causa de Medicina, Universidade de Buenos Aires 1932 Membro do Colexio Real de Médicos de Irlanda 1932 O Premio Stewart da Asociación Médica Británica 1938 Membro do Colexio Real de Médicos de Inglaterra

Obras As obras de Wright poden ser divididas nas seguintes fases: Fase inicial (1891–1910) – unhas 20 publicacións en revistas médicas, conferencias para estudantes e outras obras científicas. Upon a new septic (1891) On the conditions which determine the distribution of the coagulation (1891) A new method of blood transfusion (1891) Grocers' research scholarship lectures (1891) Lecture on tissue- or cell-fibrinogen (1892) On the leucocytes of peptone and other varieties of liquid extravascular blood (1893) On Haffkine's method of vaccination against Asiatic cholera (1893, coauthored with D. Bruce) Remarks on methods of increasing and diminishing the coagulability of the blood (1894) On the association of serious haemorrhages (1896) A suggestion as to the possible cause of the corona observed in certain after images (1897) On the application of the serum test to the differential diagnosis of typhoid and Malta fever (1897) Remarks on vaccination against typhoid fever (1897, coauthored with D. Semple) An experimental investigation on the role of the blood fluids in connection with phagocytosis (1903, coauthored with Stewart Rankin Douglas) On the action exerted upon the tubercle bacillus by human blood fluids (1904, coauthored with Stewart Rankin Douglas) A short treatise on anti-typhoid inoculation (1904) On the possibility of determining the presence or absence of tubercular infection (1906, coauthored with S. T. Reid) On spontaneous phagocytosis (1906, coauthored with S. T. Reid) Studies on immunisation and their application to the diagnosis and treatment of bacterial infections (1909) Vaccine therapy—its administration, value, and limitations (1910) Introduction to vaccine therapy (1920) Fases das guerras (1914–1918 e 1941–1945) – principalmente obras sobre feridas, infeccións en feridas e novas perspectivas sobre o tópico Wound infections and some new methods (1915) Conditions which govern the growth of the bacillus of "Gas Gangrene" (1917) Pathology and Treatment of War Wounds (1942) Researches in Clinical Physiology (1943) Studies on Immunization (2 vol., 1943–1944) Fase filosófica (1918–1941 e 1945–1947) – obras máis ou menos filosóficas, incluíndo as súas opinións sobre lóxica, igualdade, ciencia e métodos científicos. The Unexpurgated Case against Woman Suffrage (1913) The Conditions of Medical Research (1920) Alethetropic Logic: a posthumous work (1953, presented by Giles J. Romanes) Libros de texto Principles of microscopy: being a handbook to the microscope (1906) Technique of the teat and capillary glass tube (1912)

Bibliografía

The Plato of Praed street: the life and times of Almroth Wright. M.S.Dunnill. RSM Press 2000

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1861 Categoría:Finados en 1947 Categoría:Inmunólogos do Reino Unido Categoría:Microbiólogos do Reino Unido