John Richardson Marrack, nado en Somerset o 26 de novembro de 1886 e finado en Houston (Texas) o 13 de xuño de 1976, foi un profesor e político inglés. É coñecido polo seu libro Antigens and Antibodies (1934).

Traxectoria Marrack naceu en Clevedon, Somerset e estudou na Escola Blundell de Tiverton, Devon, no St John's College de Cambridge e no Colexio Médico do Hospital de Londres. Marrack serviu no corpo médico do exército real (RAMC) de 1914 a 1919 e foi nomeado oficial médico sobre o gas velenoso no exército británico. Profesor de Química e Patoloxía da Universidade de Londres, foi tamén profesor visitante da Universidade de Texas. Foi conselleiro do Ministerio británico de agricultura, pesca e alimentación durante a segunda guerra mundial e desenvolveu a política de alimentación da Gran Bretaña.Humphrey, John Herbert «Obituary: John Richardson Marrack». Nature, 07-10-1976, p. 535.«Obituary: John Richardson Marrack». The Lancet, 14-08-1976, p. 378.«Obituary. Professor J. R. Marrack». The Times, 27-07-1976, p. 14.

Publicacións Antigens and Antibodies (1934) Clinical Pathology (1945, con P. W. Panton) Food and Planning (1942) Foi editor do British Journal of Experimental Pathology

Notas

Categoría:Nados en 1886 Categoría:Nados en Somerset Categoría:Finados en 1976 Categoría:Inmunólogos do Reino Unido Categoría:Profesores da Universidade de Londres Categoría:Personalidades sen imaxes