O Herbario Merino é unha colección botánica histórica elaborada polo xesuíta e botánico Baltasar Merino (1845–1917), considerada unha das máis importantes para o coñecemento da flora de Galicia. Foi confeccionado entre finais do século XIX e comezos do XX a partir das campañas de herborización realizadas por Merino ao longo do territorio galego e constitúe unha das principais fontes documentais sobre a biodiversidade vexetal de Galicia daquela época.Gallaecia Fvlget: (1495-1995) : cinco séculos de historia universitariaEl patrimonio histórico de la Universidad de Santiago de Compostela
Historia Baltasar Merino chegou a Galicia en 1880 e, a partir de 1885 aproximadamente, iniciou un amplo programa de prospección botánica que o levou a percorrer boa parte do país. Durante máis de dúas décadas recolleu, identificou e preparou milleiros de exemplares vexetais, que serviron de base tanto para o seu herbario como para a publicación da obra Flora descriptiva e ilustrada de Galicia (1905–1909), considerada a primeira flora moderna de Galicia e unha das obras botánicas máis relevantes de España no seu tempo.
Merino describiu arredor de 1.845 especies e subespecies presentes en Galicia, entre elas unhas setenta consideradas novidades científicas na época. O seu traballo incorporou criterios taxonómicos innovadores e o uso sistemático de ilustracións para facilitar a identificación das especies.
A colección O Herbario Merino está formado por aproximadamente 16.000 pregos de herbario, que documentan a flora galega de finais do século XIX e principios do XX. Cada exemplar inclúe información sobre a especie, o lugar de recollida e, en moitos casos, observacións realizadas polo propio Merino durante os seus traballos de campo.
Na actualidade a colección está diseminada por diversas institucións, conservándose a parte máis importante no Arboretum do Centro de Investigacións Ambientais e Forestais de Lourizán, onde se gardan máis de 10 000 pregos. Outra parte importante encóntrase no Departamento de Botánica da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela constando de 2 028 pregos.
Valor científico O Herbario Merino constitúe un testemuño de referencia para o estudo da evolución da flora galega. Os seus exemplares permiten analizar os cambios na distribución das especies, a desaparición ou expansión de determinados taxons e as transformacións experimentadas polos ecosistemas galegos durante máis dun século.
Ademais do seu valor histórico, segue sendo unha ferramenta empregada en investigacións de taxonomía, bioxeografía, conservación e historia da botánica. A colección forma parte do patrimonio científico de Galicia e continúa sendo consultada por especialistas nacionais e internacionais.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Baltasar Merino
Categoría:Flora de Galicia