Damián (en ; en ) foi un retórico grego nado en Éfeso e contemporáneo de Filóstrato, quen o visitou en Éfeso. Pertencente á segunda sofística, é sobre todo coñecido como fonte de Filóstrato, polas súas biografías de Elio Arístides e Hadrián de Tiro, e polo seu labor filantrópico no seu Éfeso natal.

Traxectoria Era membro dunha familia importante da cidade. Foi discípulo de Hadrián e de Arístides; ensinou retórica na súa cidade e morreu aos sesenta anos. Moita xente viña de lonxe para visitalo en Éfeso.Smith, William (editor). A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en inglés), 1870.

Como sofista, non só se dedicou ao ensino, senón que tamén contribuíu á alimentación das persoas máis pobres de Éfeso e á restauración dos edificios públicos da cidade. Destacan o pórtico de mármore do templo de Artemisa e o seu gran comedor interior.

Casou coa filla de Publius Vedius Antoninus, un importante decurión efesio. Algúns dos seus descendentes estiveron vinculados ao senado romano, entre eles tres cónsules e as esposas de dous cónsules.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Oradores da Grecia antiga Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Personalidades de Éfeso na Antigüidade Categoría:Nados no século II Categoría:Finados en ano descoñecido