Transoxiana ou Tranasoxania (literalmente "terra máis alá do río Oxus ", agora chamado río Amu Daria) é o nome latino da rexión e civilización situada na baixa Asia Central, que corresponde aproximadamente ao leste de Uzbekistán, o oeste de Tadjiikistán, o sur de Kirguizistán e partes do sur de Kazakhstán, e de Turkmenistán. O nome foi acuñado por Alexandre o Grande no século IV a. C. cando as tropas de Alexandre conquistaron a rexión. A rexión puido ter un nome grego similar na época de Alexandre, pero o nome anterior xa non se coñece. Xeograficamente, é a rexión entre os ríos Amu Daria ao sur e o Sir Daria ao norte.

A rexión de Transoxiana foi unha das satrapías (provincias) do Imperio Aqueménida de Persia baixo o nome de Sogdia. Definiuse dentro do mundo clásico de Persia para distinguila do Irán propiamente dito, especialmente da súa provincia nordoriental de Khorasan, un termo orixinario dos sasánidas, inda que os primeiros historiadores e xeógrafos árabes tendían a subsumir a rexión dentro do termo pouco definido "Gran Khorasán" que designaba un territorio moito máis extenso. Os territorios de Khwarazm, Sogdiana, Chaghaniyan e Khuttal estaban situados na parte sur de Transoxiana; Chach, Osrushana e Farghana estaban situados na parte norte.

Notas

Categoría:Rexións históricas de Asia