A Autoridade Portuaria da Coruña é un organismo público estatal encargado da xestión, administración e explotación do porto da Coruña, un dos portos de interese xeral do estado situados en Galicia. Forma parte do sistema portuario español, coordinado por Portos do Estado, e está adscrita ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible. Foi constituída o 1 de xaneiro de 1993, sucedendo á antiga Xunta do Porto da Coruña, de acordo coa Lei 27/1992, de Portos do Estado e da Mariña Mercante.

Administra tanto o porto interior da Coruña como o porto exterior de Punta Langosteira, no concello de Arteixo, ademais das infraestruturas portuarias e dos sinais marítimos da súa zona de servizo.

Dende novembro de 2020 o presidente da Autoridade Portuaria é Martín Fernández Prado.

Historia A administración moderna do porto da Coruña ten a súa orixe na creación da Xunta de Obras do Porto da Coruña en 1877, organismo encargado da planificación e execución das principais obras de ampliación e modernización do porto.

Ao longo dos séculos XIX e XX construíronse novos peiraos comerciais, diques de abrigo e instalacións pesqueiras, convertendo o porto da Coruña nun dos principais portos comerciais do noroeste peninsular.

A Lei 27/1992 substituíu as antigas Xuntas de Portos polas autoridades portuarias, polo que o 1 de xaneiro de 1993 constituíuse oficialmente a Autoridade Portuaria da Coruña, que asumiu as competencias e o patrimonio da anterior entidade.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Porto da Coruña Punta Langosteira Puertos del Estado

Categoría:Portos de Galicia Categoría:A Coruña