Edmond-Émile Lindauer, nado en París o 30 de xullo de 1869 e finado en Garches, Altos do Sena, o 2 de marzo de 1942, foi un medallista e gravador de moedas francés, creador de varias moedas para Francia e outros territorios, entre as que destacan as da coñecida como serie Lindauer.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Edmond-Émile Lindauer naceu o 30 de xullo de 1869 no distrito 12 de París,"Edmond Emile Lindauer, un artiste graveur prolifique trop méconnu". Numismag.com"Edmond-Émile Lindauer (1869-1942)". Graveurs.fr no seo dunha familia de orixe alsaciana,Dauzats, C. (1914). «La Monnaie de nickel». En Le Figaro. París, 19 de febreiro de 1914. Páxina 1. fillo de Eugénie Augustine Keller e de Louis Edmond Lindauer."Edmond Eugène Emile Lindauer (1869 - 1942)". Wikitree.com

Na súa adolescencia aprendeu os fundamentos do gravado en aceiro, o cicelado e o gravado con buril como aprendiz do mestre ourive Albert Keltz, que tiña o seu obradoiro na Rue Réaumur, en tanto que ás noites estudaba co escultor Jacques Perrin.Forrer, L. (1909). Aos seus 12 anos comezou a crear os seus primeiros gravados, que consistían en selos.Forrer, L. (1924).

Carreira como medallista Entre 1883 e 1896 traballou como colaborador do seu mestre Keltz. Neste último ano abandonou a empresa e estableceuse como gravador independente. Convertido xa en gravador autónomo e, sobre todo, en medallista, Lindauer fabricaba as súas propias ferramentas. Instalou o seu primeiro obradoiro na rúa Poissonnière, en París, e en 1914 trasladouno a outro local na rúa Ramet. Lindauer traballaba como medallista e gravador para clientes moi diversos e para institucións tanto públicas como privadas.

A súa primeira encarga para o deseño e o gravado de moeda chegou no propio 1896 directamente do Goberno persa, por mediación do seu antigo xefe Keltz, e consistiu nunha moeda de ouro de 10 toman, en cuxo anverso debía aparecer a efixie de Muzaffar al-Din Qajar, que se cuñou en AH-1313 (AD 1896)."10 Tumân - Moẓaffar od-Dīn Qājār". Numista.com A cuñaxe destas pezas produciuse en Persia, cunha calidade deficiente, polo que é frecuente que presenten un gravado feble na esquerda do busto do monarca."Grabadores francess de monedas y medallas. Siglo XX: Lindauer Edmond Èmile". Julennumismatika.blogspot.com

Lindauer participou no Salón de París en 1910 cun cadro que contiña varias das medallas e modelos creados por el en distintos metais.

A obra que máis sona lle deu e pola que é lembrado é a serie de moedas divisionarias do franco francés que pasou a levar o seu nome: "serie Lindauer". A partir da lei do 4 de agosto de 1913 a Monnaie de Paris lanzou un concurso para a creación de novas moedas de níquel, logo de senllas experiencias previas de cuñaxe neste metal en 1903 e en 1905 —as moedas de 25 céntimos deseñadas por Patey—."25 centimes Patey". Numista.com Lindauer participou neste concurso; o xurado preseleccionou dez deseños, e foi o proposto por el o que gañou, en febreiro de 1914, o que lle supuxo un premio de 20.000 francos, que utilizou para a o traslado do seu obradoiro a un local mellor acondicionado na rúa Ramet; raras veces un concurso de deseño de moedas recibira tanta cobertura mediática."Designs of New French Coins". En The Numismatist. Vol. XXVII. Nº 8. 1914. Páxina 393. Lindauer propuxo a emisión dunha moeda máis fina cun burato no centro, tanto para aforrar metal como para aumentar a diferenza entre as moedas de prata e as divisionarias en metais comúns de cor branca. Isto marcou o comezo dunha longa serie de moedas perforadas que continuou cuñándose ata 1946, empregando metais de valor intrínseco cada vez máis baixo."10 centimes Lindauer Petit module". Numista.com

Despois desta serie, Lindauer participou tamén noutros concursos, como o convocado pola Lei da moeda de xuño de 1928, para a creación dunha moeda de ouro de cen francos e outra de prata de vinte francos, ou o de 1941 para a creación de billetes de cinco e de vinte francos coa imaxe do mariscal Pétain. En ambos os casos presentou as súas propostas de deseño, mais finalmente non foron as escollidas.

A Lindauer débeselle a creación doutras moedas para outros territorios e estados, entre as que destacan a piastra da Indochina Francesa de 1931 —e os seus divisores de medio céntimo e dun céntimo—, así como outras moedas circulantes para Mónaco, Marrocos e Tunisia,"Edmond-Émile Lindauer". Numista.com e fichas de uso privado para Gabón. Tamén foi o creador de numerosas medallas, entre alas a da Cruz de Guerra (1914-1918)."La Croix de guerre maquette définitive". Legiondhonneur.fr

De 1922 a 1927, Lindauer traballou para a única ceca privada de Francia, a Société française de monnayage, con sede en Poissy. Tamén colaborou —moitas veces sen asinar os seus traballos— con outras compañías, como a do deseñador de xoias Mellerio, ou deseñando frascos de perfumes para Coty (1918 e 1938) e diversos elementos heráldicos para Agry. Igualmente, deseñou condecoracións e medallas oficiais para a empresa Arthus Bertrand.

Vida persoal e familiar Lindauer casou en dúas ocasións; a primeira vez o 4 de febreiro de 1893, con Marie Lydie Molliex (1869-1918), con quen tivo un fillo que morreu na fronte durante a primeira guerra mundial. Logo casou en segundas nupcias con Marcelle Chevalier, o 10 de xullo de 1919, con quen tivo outro fillo, chamado Henri, nado en 1927.

En 1938 trasladouse a Garches, onde posuía unha casa cun obradoiro, e alí finou o 2 de marzo de 1942, aos 72 anos.Acta de defunción. Archives.hauts-de-seine.fr Foi soterrado no cemiterio de Père-Lachaise, de París.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Forrer, L. (1909). "Lindauer, Edmond Eugène Émile". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol. IV. Spink & Son, Londres. Páxina 438. Forrer, L. (1924). "Lindauer, Edmond Eugène Émile". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol. VII. Suplement. Spink & Son, Londres. Páxina 556.

Outros artigos Serie Lindauer (moedas) Monnaie de Paris

Categoría:Nados en 1869 Categoría:Nados en París Categoría:Deseñadores de moeda de Francia Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Medallas Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Finados en 1942