O Forte do Teso, tamén chamado Penafroufe, é unha antiga fortaleza militar abaluartada hoxe arruinada na parroquia de San Miguel de Bangueses, no concello de Verea, en Galicia.
Situación Atópase sobre un promontorio a uns 820 metros sobre o nivel do mar, case ao límite das concas do Limia co Deba-Miño, nunha zona na que se divisa as cotas máis altas (1.100 - 1.270 m.) próximas á fronteira con Portugal.
Historia
miniatura|esquerda|Fortificación Peñafroufe, entorno. miniatura|esquerda|Fortificación Peñafroufe.
Foi construída no século XVII durante a Guerra de Restauración Portuguesa reinando Filipe IV, para defender o fronteira sur do Reino de Galicia das tropas portuguesas que poderían atacar desde Castro Laboreiro pola Raia Seca cara a Celanova.
Encargóuselle ao capitán de enxeñeiros Juan Villarroel Prado a construción deste Forte no distrito de Corvelle no sur da provincia de Ourense. O encargo é de Diego IV de Benavides de la Cueva, conde de Santiesteban, e Gobernador de Galicia entre 1647 e 1652; do 8 de agosto de 1649, segundo as notas de Aparici, polo que podemos concluír que sería dunha data posterior. Estado actual Só quedan os restos perceptibles na orografía do terreo, estando todo o foso, baluartes e praza de armas cubertas de matogueira.
A altura da matogueira non permiten apreciar a profundidade do foso o que fai que dende o perímetro presente menor elevación que a que realmente debe ter. O antigo acceso desde o leste, e os baluartes presentan unha maior vexetación. Nunha zona pode observarse o que parece parte do baluarte cos restos de terra removidos para levantalos. Galería de imaxes
Notas
Teso Categoría:Verea