A Universidade de Cádiz é a universidade pública da provincia de Cádiz. No curso académico 2007-2008 tiña 17.280 alumnos e alumnas, e traballaban nela 1.698 profesores e 680 membros do persoal de administración e servizos.La UCA actual - Datos referidos al año 2008 Historia Creouse o 30 de outubro de 1979, aínda que moitos dos seus centros integrantes xa existían previamente, ben como escolas independentes ou ben como facultades da Universidade de Sevilla. Un trazo distintivo da universidade é a súa especialización en Ciencias do Mar, Ciencias Náuticas e enxeñaría naval. Estas materias impártense no Centro Andaluz Superior de Estudos Mariños (CASEM), situado no Campus de Puerto Real. A súa facultade máis antiga é a de Medicina, sucesora directa do Real Colexio de Cirurxía de Cádiz (fundado en 1748), que foi a primeira institución de Europa en combinar o ensino da medicina e da cirurxía.

Hoxe en día, a universidade é unha institución de referencia na provincia de Cádiz. Grazas ao seu carácter aberto e cosmopolita e á súa orientación atlántica, acolle estudantes dos cinco continentes, mantén importantes acordos de intercambio con universidades de América e África e participa no Programa Erasmus.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web

Categoría:Universidade de Cádiz