Hernac, Ernac ou Ernakh foi un dos fillos de Atila e gobernou parte dos hunos despois da morte do seu pai. Como parte do proceso de desintegración do Imperio Huno, os dous irmáns gobernaban dúas hordas separadas, aínda que relacionadas: Dengizik a occidental e Hernac a oriental. A diferenza do seu irmán Dengizic, conseguiu chegar a un acordo co Imperio Romano e obtivo o dereito a gobernar un territorio na fronteira oriental do imperio en Europa.Escher & Lebedynsky (2007), p. 172
Traxectoria Aínda que se descoñece o número dos fillos de Atila, adoita citarse a Elac, Hernac e Dengizic. O historiador Prisco de Panio, durante a súa estadía na corte de Atila no ano 449, rexistrou unha anécdota persoal que involucraba a Atila e Hernac. Durante un banquete, Atila mirou a Hernac con ollos serenos, mentres prestaba pouca atención aos seus outros fillos. Un certo huno explicoulle a Prisco que os xamáns profetizaran a Atila que Hernac sería o máis exitoso dos seus fillos.Maenchen-Helfen 1973, p. 268
Despois do 463, o dominio huno foise esvaecendo e Hernac e Dengizic atacaron, en varias ocasións, os ostrogodos que se independizaran dos seus señores hunos, pero foron derrotados por Valamiro na batalla de Nedao no 454, segundo relata Xordanes.Maenchen-Helfen 1973, p. 156 Despois de fracasar, xunto co seu irmán, no 465 intentaron establecer relacións comerciais cos romanos a través do Danubio. Ante a existencia de problemas, Dengizik, no 467 decidiu enfrontarse aos romanosHeather (2006), p. 606 e, no 469, foi derrotado nun enfrontamento cos romanos mandados por Anagastes e a súa cabeza foi exposta en Constantinopla.Heather (2006), p. 456 No entanto, Hernac decidiu non atacar os romanos en Tracia e, tras acadar un acordo con eles, estableceuse controlando as terras nos arredores da actual Dobruia (Romanía).
Descoñécese o destino posterior de Hernac. Quizais enfrontou a chegada dos Onoguros e Saraguros do leste en 463, tribos túrquicas emparentadas etnicamente cos hunos.
Lenda Algúns estudosos identifican a Hernac cun rei mítico dos protobúlgaros chamado Irnik, que se di que reinou entre o 453 e o 503, durante o período epónimo, e é mencionado nos Nominalia dos Khans búlgaros. Segundo esta obra, foi precedido por Avitocol e sucedido por Gostum.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Hunos Atila Elak Dengizic
Categoría:Hunos Categoría:Nados no século V Categoría:Finados no século V