Anxo González Núñez é un biblista, tradutor e sacerdote galego. Formou parte do equipo responsable da primeira tradución íntegra da Biblia ao galego realizada directamente desde as linguas orixinais, publicada por SEPT en 1989, unha obra que obtivo o Premio Nacional de Tradución en 1990.

Traxectoria Participou dende a década de 1970 no proxecto de tradución da Biblia promovido pola Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos (SEPT), baixo a coordinación de Xosé Fernández Lago e Andrés Torres Queiruga. O equipo estivo integrado por especialistas en linguas bíblicas e realizou a primeira versión galega completa traducida directamente do hebreo, o arameo e grego antigo.

Dentro da distribución do traballo, Anxo González Núñez foi o responsable da tradución dos libros da Xénese, Éxodo, 1 e 2 Samuel, 1 e 2 Reis e Salmos.

A tradución da Biblia ao galego foi publicada en 1989 por SEPT e recibiu en 1990 o Premio Nacional de Tradución, concedido polo Ministerio de Cultura.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Premio Nacional de Tradución de España

Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Tradutores da Biblia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes