Jean Belaubre, nado en París o 10 de novembro de 1931 e finado en Segré, Maine e Loira, o 10 de decembro de 2020, foi un historiador e numismático francés, director do Museo da Monnaie de Paris.

Traxectoria Belaubre naceu en 1931 en París, fillo de Marie Marcelle Paulette Fiat (1906-1999) e de Géraud-Louis Belaubre (1903-1978)."Jean Antoine Marie Belaubre". Familisearch.org

Logo de estudar Economía,Depeyrot, G. (2020)."Jean Belaubre (1931-2020)". Münzen Woche (Coinsweekly). 17 de decembro de 2020. desenvolveu o seu labor profesional como como Inspector de Facenda."In Memoriam - Jean Belaubre (1931-2020)". CGB.fr

No entanto, a súa relevancia débese aos seus traballos no ámbito da historia e da numismática. En 1964 foi destinado á Monnaie de Paris, inicialmente para traballar no seu departamento de documentación, supervisando a emisión de medallas oficiais, e máis tarde encomendáronselle as coleccións numismáticas.

Tivo unha participación destacada no auxe da revista Club Français de la Médaille nas décadas de 1970 e de 1980, onde publicou numerosos artigos dedicados a moedas senlleiras e a gravadores de medallas destacados.

Foi tamén un dos promotores do museo permanente dedicado á moeda francesa a finais da década de 1980, xunto a Jean-Luc Desnier, Bruno Collin e Katherine Gruel, que finalmente foi inaugurado en 1987. Logo accedeu á dirección do Museo da Monnaie de Paris. Tamén foi membro da xunta directiva da Sociedade Francesa de Numismática.

Jean Belaubre finou en Segré, Maine e Loira, o 10 de decembro de 2020, aos 89 anos.

Escolma de publicacións

(1983). Monnaies du monde entier (con M. Price). Bordas. París. ISBN 9782040128814

(1986). Histoire numismatique et monétaire de la France médiévale. Le Léopard d'or. ISBN 978-2863770511 (1992). Les monnaies de France. Histoire d'un peuple (con B. Colin). Perrin. ISBN 978-2262006402 (1996). Dictionnaire de numismatique médiévale occidentale. Le Léopard d'or. ISBN 978-2863771211

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Depeyrot, G. (2020). "Jean Belaubre (1931-2020)". En The E-Sylum. Vol. 23. Nº 50. 13 de decembro.

Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Nados en Tunisia Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Historiadores de Francia Categoría:Directores de museos Categoría:Personalidades sen imaxes