Arthur Sambon (orixinalmente Arturo Sambon)Nos seus artigos publicados en italiano, sinaladamente na Rivista italiana di numismatica, utiliza a versión orixinal do seu nome en italiano (Arturo); nas publicacións en francés, utiliza o seu nome nesta lingua (Arthur)., nado en Portici, Nápoles, o 17 de agosto de 1867 e finado en París o 19 de decembro de 1947, foi un historiador, numismático e taxador de arte francés de orixe italiana especializado na Italia antiga e concretamente nos etruscos.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Sambon naceu o 17 de agosto de 1867 en Portici, unha vila da cidade metropolitana de Nápoles,"Sambon, Arthur". Agorha.inha.fr no seo dunha familia de comerciantes de arte e numismáticos,"Sambon, Arthur (1867-1947)". Archives Nationales (archives-nationales.culture.gouv.fr). fillo dun organizador de poxas de arte e moedas napolitano, Giulio Sambon (1836-1921), e dunha muller inglesa chamada Laura Day.Giliberti, L. (1947). Páxina 12. O seu avó, Luigi Sambon (finado en 1873) fora un diplomático francés, tamén apaixonado pola numismática, que se instalara en Nápoles coa súa familia por cuestións políticas."Una vita per la numismatica: Jules Sambon (Napoli 1836 – Parigi 1921)". En Cronaca Numismatica. 30 de xaneiro de 2025.Giliberti, L. (1948). Páxina 61.
Cursou a licenciatura de Arte na Universidade de Nápoles, e orientouse á Arqueoloxía baixo a dirección do arqueólogo Giulio de Petra, e á Paleografía na escola de Nunzio Faraglia.Giliberti, L. (1947). Páxina 13.
Traxectoria profesional Logo dedicouse ao estudo da numismática clásica, medieval e moderna, e de camiño pasou a ser un experto nesta materia. Como numismático, especializouse na Italia antiga e nas cuñaxes etruscas. En 1903 publicou un amplo estudo sobre estas emisións e en 1904 fundou unha revista de arte mensual inicialmente dedicada a esta temática, chamada Le Musée.
A súa colección persoal abrangue moedas, medallas e placas de bronce renacentistas, así como pinturas. miniatura|Catálogo dunha venda de obxectos de arte da colección persoal de Arthur Sambon (1914).Galerie Georges Petit (1914). Objets d'art et de haute curiosité de l'antiquité, du Moyen age, de la Renaissance et autres ... formant la collection de M. Arthurt Sambon. París.|384x384px Sambon estableceu en París unha galería de arte, na que se expuñan e se vendían pinturas e debuxos, así como esculturas antigas e medievais ata o século XVI, o que atraeu a coleccionistas tan relevantes como Pierpont Morgan e Calouste Gulbenkian. Nesta galería organizaba frecuentes vendas, para as que confeccionaba el mesmo os seus catálogos.
A experiencia adquirida por Sambon serviulle para ser nomeado presidente da Cámara de Expertos de Arte de París, é tamén foi fundador e presidente da Cámara Internacional de Expertos de Arte.Giliberti, L. (1947). Páxina 17.Giliberti, L. (1948). Páxina 63.
Sambon publicou varios traballos monográficos, un bo número de catálogos de poxas de moedas e de arte, así como centos de artigos sinaladamente sobre temas numismáticos, mais tamén sobre asuntos arqueolóxicos e artísticos, así como sobre os costumes e as crenzas de varios pobos antigos, en moi diversas revistas temáticas da Europa do seu tempo.
Entre outras academias e sociedades eruditas, Sambon foi membro honorario da Sociedade Numismática Napolitana, membro do Instituto de Francia, da Sociedade Real de Numismática de Bélxica, da Sociedade Francesa de Numismática, da Royal Mint de Londres e da Academia de Nápoles. Entre as honras recibidas cabe salientar o Gran Cordón da Coroa de Italia, presentado persoalmente polo rei Vítor Manuel III, e o título de Cabaleiro da Lexión de Honra.Giliberti, L. (1947). Páxina 16.
Vida persoal Sambon casou con Jeanne Warneck, filla dos tamén coleccionistas Caroline Febvre e Édouard Warneck. O seu fillo Alfred seguiu a tradición familiar ao se facer propietario dunha galería.
Arthur Sambon finou en París o 19 de decembro de 1947 aos 80 anos.
Escolma de publicacións Esta é unha escolma dalgunhas das principais publicacións de Arthur Sambon ao longo da súa traxectoria.Giliberti, L. (1947). "Bibliografia di Arturo Sambon". En Bolletino del Circolo Numismatico Napoletano. 1947-1948 Páxinas 18-24."Arthur Sambon". Numista.com
Monografías (1903). Les monnaies antiques de l’Italie. T. I: Étrurie, Ombrie, Picenum, Samniun, Campanie (Cumes et Naples). Bureaux du Musée, París. (1904). La toilette des femmes grecques. Vol I. París. (1905). La collection Warneck. Bureaux du Musée, París. (1928). Images populaires de l'Avesta en Perse aux XIIe et XIIIe siècles. Bibliothèque du Musée.
Artigos (1889). "Alcune monete inedite di Magna Grecia". En Rivista Italiana di Numismatica, Milán. Páxinas 139-149. (1890). "Le monete del ducato Napoletano". En Rivista Italiana di Numismatica, Milán. Páxinas 445-471. (1891). "I «Carlini» e la Medaglia trionfale di Ferdinando I d’Aragona". En Rivista Italiana di Numismatica, Milán. Páxinas 469-489. (1892). "Di alcune monete inedite di Alfonso I e Ferdinando I re di Napoli e di due officine monetarie del Napoletano finora sconosciute". En Rivista Italiana di Numismatica, Milán. Páxinas 341-355. (1893). "Monete d’oro coniate da Carlo I d’Angiò a Tunisi". En Rivista Italiana di Numismatica, Milán. Páxinas 341-346. (1901). "Monete Napoletane inedite e di una nuova officina monetaria". En Rivista Italiana di Numismatica, Milán. Páxinas 317-323. (1902). "La cronologia delle monete di Neapolis". En Rivista Italiana di Numismatica, Milán. Páxinas 119-137. (1903). "Brevi osservazioni su alcune monete di Cuma". En Rivista Italiana di Numismatica, Milán. Páxinas 117-119. (1906). "Sur la classification des intailles italiotes avec le secours de la numismatique". En Corolla Numismatica. Páxinas 275-284.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Giliberti, L. (1947). "Arturo Sambon". En Bolletino del Circolo Numismatico Napoletano. 1947-1948 Páxinas 12-18. Giliberti, L. (1948). "Arturo Sambon". En Annuario Numismatico Rinaldi 1948. Páxinas 61-64.
Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1947 Categoría:Nados na provincia de Nápoles Categoría:Numismáticos de Italia Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Historiadores de Italia Categoría:Historiadores de Francia Categoría:Historiadores de Historia Antiga Categoría:Coleccionistas Categoría:Alumnos da Universidade de Nápoles Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Personalidades sen imaxes