Marceliano Álvarez Muñiz, nado en Castelló de la Plana o 16 de xullo de 1852 e finado en data descoñecida, foi un enxeñeiro agrónomo e zootecnista español, pioneiro da experimentación agropecuaria en Galicia. Entre 1897 e 1904 dirixiu a Granxa-Agrícola Experimental da Coruña, onde impulsou a modernización da agricultura e da gandaría galegas mediante a introdución de novos métodos de cultivo, a mellora das razas gandeiras e a experimentación agronómica.Fernández Prieto, Lourenzo (1992). Labregos con ciencia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.

Traxectoria Formou parte das primeiras promocións da Escola de Enxeñeiros Agrónomos. En 1897 foi nomeado director da Granxa-Escola Experimental da Coruña, o primeiro centro estatal dedicado á experimentación agropecuaria en Galicia.

Durante a súa dirección reorganizou o funcionamento do centro e desenvolveu un programa de investigación orientado ás necesidades da agricultura galega. Entre as súas prioridades figuraban a renovación das razas gandeiras, a introdución de cultivos forraxeiros, a mellora das técnicas de cultivo e a difusión de coñecementos científicos entre os agricultores. En 1904 pasou a ocupar a xefatura da Rexión Agronómica de Galicia, dende onde continuou promovendo a modernización das explotacións agrícolas e gandeiras.

Obras salientables Reseña de las enfermedades más comunes entre los animales de una explotación agrícola (1884). El ramio: instrucciones prácticas para su cultivo (1887). Cultivo de la alfalfa (1899). Esterilización de la leche (1901). Cultivo comparativo de maíces de gran rendimiento (1903). Cultivo de la patata (1904).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Álbum da Ciencia

Categoría:Nados en 1852 Categoría:Nados en Castelló de la Plana Categoría:Enxeñeiros de España Categoría:Finados no século XX Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Enxeñeiros agrónomos