Richard Sainthill, nado en Topsham, Devon, o 28 de xaneiro de 1787 e finado en Emmet Place, Cork, o 13 de novembro de 1869,Anónimo (1898). Páxinas 198, 201. foi un numismático anglo-irlandés.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Richard Sainthill naceu o 28 de xaneiro de 1787 en Topsham, Devon no seo dunha familia de orixe normanda asentada en Devon séculos atrás, fillo de Charlotte Green e do capitán Richard Sainthhill (1739-1829).Anónimo (1898). Páxina 198.

Estudou na escola de South Mimms, en Herts, e xa na súa adolescencia iniciou a súa afección pola numismática, en parte herdada do interese da súa nai polas antigüidades.

Traxectoria profesional e como erudito Logo dos seus estudos, Sainthill comezou a traballar nun despacho de comercio en Cork, a onde se desprazara para se encontrar co seu pai, que exercía alí como axente de transportes, e logo pasou ao despacho do seu tío materno en Londres, onde este era un destacado comerciante. Foi nesta capital onde empezou a se relacionar con figuras das letras e da cultura, como o arquitecto John Soane, o xeólogo Roderick Murchison ou o pintor Thomas Lawrence, e tamén con personalidades relacionadas co Museo Británico.Anónimo (1898). Páxina 199.miniatura|Richard Sainthill, The Old Countess of Desmond part 2 (Dublín, 1863)|416x416pxA doenza do seu pai levouno a regresar a Cork, onde se asociou nun próspero negocio cun importante comerciante de viños da cidade. Esta independencia económica permitiulle dedicarse de cheo aos seus estudos e ao coleccionismo de antigüidades e, sinaladamente, de moedas, así como a publicar os seus primeiros artigos. Nesa época converteuse en colaborador habitual da revista Gentlemanaris, sobre todo con artigos sobre a topografía local, en tanto que as súas colaboracións sobre numismática as realizaba na revista Talisman, no Numismatic Journal e en Morning Post, entre outros. En anos posteriores publicou en forma de libro varias compilacións dos seus artigos, unha delas co curioso título de An Olla Podrida (1844-1853), en alusión ao prato típico español que mestura ingredientes moi diversos.

Sainthill prestoulle unha gran axuda a Crofton Croker na súa compilación de lendas irlandesas de fadas, e foi un gran amigo e mecenas do pintor Daniel Maclise,Anónimo (1898). Páxina 200. a quen coñecera cara a 1821, cando Maclise regresara a Cork desde Londres. Sainthill chegou mesmo a cederlle un cuarto na súa casa para que instalase alí o seu estudio, e inculcoulle o interese polas antigüidades, a historia e o folclore irlandeses."Portrait of Richard Sainthill". Leicestergalleries.com Tamén colaborou estreitamente co seu amigo o numismático irlandés Aquilla Smith, autor de arredor de 500 ilustracións de An Olla Podrida, cuxo segundo volume, editado en 1853, está dedicado a el."Proceedings of the Numismatic Society" (1890). En Numismatic Chronicle. 3ª serie. Nº 10. 1890. Páxina 24.

En 1855, o daquela gravador xefe da Royal Mint, Leonard Charles Wyon, creou unha medalla na súa honra, en cuxo anverso, rodeando a súa efixie, se le: RICHARD SAINTHILL OF TOPSHAM DEVONSHIRE NUMISMATIST BRON JAN. 28 1787. A lenda do reverso é IRRADIATINT THE PRESENT / RESTORING THE PAST / NUMISMATA."Medal - Richard Sainthill". Numista.com"Richard Sainthill: CM.15-1972". The Fiztwilliam Museum (fitzmuseum.cam.ac.uk)."Richard Sainthill Copper Tribute Medal". Jerseycoins.com

En abril 1870, uns meses despois do seu falecemento, a súa colección de moedas e a súa biblioteca numismática foron vendidas en poxa en Londres pola compañía Sotheby, Wilkinson & Hodge.Catalogue of the valuable collection of coins and medals of the late Richard Sainthill. Sotheby, Wilkinson & Hodge, Londres. 1870.

Vida persoal Richard Sainthill estivo casado con Catherine Eliza Atkins (finada en 1859). El finou na súa residencia de Emmet Place —daquela chamado Nelson Place—, en Cork, o 13 de novembro de 1869, aos 82 anos, e foi soterrado no panteón familiar do cemiterio de Rathcooney.Anónimo (1898). Páxina 201.

Na súa memoria, dedicóuselle a vidreira número 39 da catedral protestante de Cork.

Publicacións miniatura|Lámina de ilustracións de Olla Podrida (1853).|453x453px (1844-1853). An Olla Podrida or, Scraps, Numismatic, Antiquarian, and Literary. Vol. I. (1844); Vol. II (1853). Londres. (1856). Suggestions for a Medal to record the Discovery of the Passage by the North Pole. Cork. (1857). Numismatic and other Crumbs. Cork. (1859). A Defence of the British School of Medal Engraving. Cork. (1861-1863). Old Countess of Desmond. Vol. I (1861); Vol. II (1863). University Press. Dublin.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Anónimo (1898). "Two Famous Cork Numismatists: I. Richard Sainthill". En Cork Historical Archaeological Society. Vol. 4. Nº 39. Páxinas 198-201.

Dyer, G. P.; Gaspar, P. P. (1984). "Richard Sainthill and the New Bronze Coinage". En British Numismatic Journal. Vol. 54. Páxinas 263-273.

Categoría:Nados en 1787 Categoría:Finados en 1870 Categoría:Nados en Devon Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Numismáticos de Irlanda Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes