Cospeito é un concello da provincia de Lugo, pertencente á Terra Chá. O xentilicio é , ou .

Xeografía Está situado na comarca da Terra Chá. Destaca a lagoa de Cospeito, con presenza de patos, garzas e outras especies, de interese para os afeccionados á ornitoloxía e amantes da natureza.

Poboación

A súa poboación no ano 2016 era de 4754 persoas, segundo o Padrón municipal.

Censo total 2016 4754 habitantes Menores de 15 anos 375 (7.89 %) Entre 15 e 64 anos 2714 (57.09 %) Maiores de 65 anos 1665 (35.02 %)

Fonte: Instituto Nacional de Estadística, INE 1857-2011

Historia

En Cospeito publicáronse os periódicos Cantaclaro (1915), El Lucero (1915-1920), Canta Claro (1933) e Unión Agraria (1934) Patrimonio

Existen no concello un gran número de sitios arqueolóxicos. Pódense destacar o da Medorra da Millara (tamén chamada Medorra do Marco) situado na Penalba, lugar da parroquia de San Martiño de Pino. Tamén na parroquia de Pino atópase a torre de Caldaloba (fortificación medieval) e o pazo de Caldaloba (pazo do século XVII).

As Torres do Arneiro foron tres antenas de radionavegación de 112 metros de altura na actualidade derrubadas, que foron instaladas no concello polo exército alemán durante a segunda guerra mundial co fin de facilitar a posición e seguimento dos submarinos (U-Boots) e dos avións no Golfo de Biscaia.

Turismo Na parroquia de Muimenta celébrase o 1 de maio a festa da filloa de Muimenta, declarada de interese turístico pola Xunta de Galicia.

Lugares de Cospeito Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cospeito vexa: Lugares de Cospeito.

Galería de imaxes

Parroquias

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Boletín do Museo Provincial de Lugo, tomo 10 (Lugo) 2001/2002. Artigo: Excavación arqueolóxica no túmulo 1 de a Millara (Cospeito). Miguel A. Vidal Lojo, páxina 9.

Categoría:Cospeito