Pastoriza é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2015 tiña 3.274 habitantes (3.726 no 2006, 3.787 no 2005, 3.856 no 2004, 3.911 no 2003). O seu xentilicio é «» ou «».
Demografía
Censo total 2015 3.274 habitantes Menores de 15 anos 257 (7.85 %) Entre 15 e 64 anos 1.881 (57.45 %) Maiores de 65 anos 1.136 (34.7 %)
Evolución da poboación do concello de Pastoriza:
Historia Consérvanse numerosos poboados castrexos, pero apenas se conservan restos da presenza romana e sueva, agás un ronsel antropomorfo romano sen inscrición algunha.
O Parochiale suevorum fala da diocese de Britonia, asentada na chaira ao sur de Pastoriza e Mondoñedo. Trala invasión musulmá da Península Ibérica, a poboación e a nobreza retirouse cara ao norte, fundando a diocese de Mondoñedo e a corte de Oviedo. Nos séculos seguintes a zona estaba aforada polo cabido mindoniense e polos mosteiros de Meira e Lourenzá.
En 1821 constituíuse o concello co nome de Vián, e en 1840 adoptou o nome actual de Pastoriza.
Lugares de Pastoriza Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Pastoriza vexa: Lugares de Pastoriza.
Galería de imaxes
Parroquias
Notas
Véxase tamén
Categoría:Pastoriza