Artur Pedrals i Moliné, nado en Barcelona o 19 de decembro de 1842 e finado na mesma cidade o 15 de xaneiro de 1895,Outras fontes dan como datas o 18 de outubro de 1842 e o 14 de xaneiro de 1895. Véxase: "Pedrals i Moliné, Artur". Dades dels Països Catalans (dadescat.com). foi un numismático catalán.
Traxectoria Nado o 19 de decembro de 1842 en Barcelona,Elías de Molins, A. (1889-1895). Pedrals i Moliné cursou estudos mercantís e dedicouse profesionalmente á actividade comercial, aínda que foi un gran interesado pola arqueoloxía e a numismática."Artur Pedrals i Moliné". Gran Enciclopedia de España (gee.enciclo.es).
Como numismático foi particularmente coñecido polas súas colaboracións, entre 1866 e 1880, nas revistas especializadas Revista de Ciencias Históricas e Memorial Numismático Español, esta última fundada en 1866 por el mesmo, xunto con Álvaro Campaner.Ossorio y Bernard, M. (1903). Outra das súas contribucións á numismática foi o limiar do catálogo da colección Vidal i Quadras,Vidal Quadras, M. (1892). "Prefacio". En Catálogo de la colección de monedas y medallas de Manuel Vidal Quadras y Ramón de Barcelona. López Robert, Barcelona. Páxinas V-VII. en 1892."Artur Pedrals i Moliné". Gran Enciclopèdia Catalana (Enciclopedia.cat). A el débeselle tamén a parte dedicada á numismática na obra Historia de España, publicada por Modesto Lafuente en 1888.Lafuente, M. (1888). Historia de España. Tomo I. Montaner y Simón, Barcelona. "Pedrals i Moliné, Artur". Dades dels Països Catalans (dadescat.com).
Pedrals foi membro da Real Academia de Boas Letras de Barcelona.
Artur Pedrals i Moliné finou en Barcelona o 15 de xaneiro de 1895. Logo do seu pasamento, a súa colección numismática, composta por 1.816 moedas españolas antigas, foi adquirida pola Deputación Provincial de Barcelona.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Elías de Molins, A. (1889-1895). "Pedrals y Moliné (D. Arturo)". En Diccionario biográfico y bibliográfico de escritores y artistas catalanes del siglo XIX. II. Barcelona. Páxina 309. Ossorio y Bernard, M. (1903). "Pedrals y Moliné (Arturo)". En Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX. Madrid. Páxina 335.
Categoría:Nados en 1842 Categoría:Finados en 1895 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Numismáticos de Cataluña Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Personalidades sen imaxes