miniatura|Edificio da Reitoría Xeral da Universidade de Guadalaxara A Universidade de Guadalaxara (UdeG) é unha universidade pública de México, a segunda máis antiga do país, localizada no estado de Xalisco, coa súa sede principal na cidade de Guadalaxara. Fundouse orixinalmente o 18 de novembro de 1792 como Real Universidade de Guadalajara por cédula do rei Carlos IV, e foi refundada na súa época moderna o 12 de outubro de 1925.
É unha das institucións de educación superior máis importantes de América Latina e conta cunha rede universitaria presente en todas as rexións do estado de Xalisco, conformada por centros universitarios temáticos, centros rexionais, o Sistema de Universidade Virtual e o Sistema de Educación Media Superior.
Véxase tamén
Outros artigos
Xalisco
Guadalajara