Familia é un filme biográfico dramático italiano de 2024 dirixido por Francesco Costabile, coescrito por Costabile, Vittorio Moroni e Andriano Chiarelli, baseado nas memorias de 2017 Non sarà sempre così de Luigi Celeste. Segue a Gigi (Francesco Gheghi), un mozo militante de extrema dereita dunha modesta familia obreira italiana esnaquizada pola violencia doméstica, vivindo á sombra do seu pai criminal (Francesco Di Leva) e tratando de atopar a paz para a súa nai, Licia (Barbara Ronchi).

Foi escollido como candidato de Italia para o Óscar ó mellor filme internacional na 98ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes Francesco Gheghi como Luigi "Gigi" Celeste Francesco De Lucia como Luigi de mozo Barbara Ronchi como Licia Licino Francesco Di Leva como Franco Celeste Marco Cicalese como Alessandro Celeste Stefano Valentini como Alessandro de mozo Enrico Borello como Fulvio Tecla Insolia como Giulia

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Italia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 98ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes rodados en Roma Categoría:Filmes ambientados en Roma Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais Categoría:Filmes sobre violencia doméstica