O Parlamento de Gran Bretaña foi formado en maio de 1707, logo da ratificación das Actas da Unión polo Parlamento de Inglaterra e o Parlamento de Escocia.

As Actas ratificaron o Tratado da Unión, que creou un novo Reino unificado de Gran Bretaña e estableceu o Parlamento de Gran Bretaña, con sede no antigo Palacio de Westminster, próximo á Cidade de Londres .

Este Parlamento existiu durante case un século, até que a Lei da Unión de 1800 fusionou os parlamentos británico e irlandés nun único Parlamento do Reino Unido, con efecto a partir do 1 de xaneiro de 1801.

Notas

Véxase tamén

Primeiro Parlamento de Gran Bretaña Parlamento de Irlanda Parlamento de Irlanda do Norte Parlamento de Escocia Parlamento de Inglaterra Parlamento do Reino Unido

Categoría:Parlamentos Categoría:Reino Unido Categoría:Política do Reino Unido