Alfonso Pino Soto, nado en Vigo en xuño de 1927El Pueblo Gallego, 11-6-1927, p. 6. e finado en Cerdedo Cotobade en decembro de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

Foi detido en Vigo por escándalo e agresión á policía en abril de 1947.El Correo Gallego, 9-4-1947, p. 3. Procesado polo Tribunal Militar Territorial 4 na causa 627/48 por atraco a man armada. A Garda Civil apresouno en decembro de 1948 nas Casetas (Forcarei) con Jesús Desojo Aznar, logo de atracar un coche en Bora, e cando viñan fuxindo desde Vigo, seica coa intención de integrarse na guerrilla antifranquista na provincia de Ourense. Co pretexto de atopar armas e outros obxectos que esconderan, foron conducidos polo tenente Lorenzo Llorente e os comandantes de posto de Cerdedo, Antonio Ríos, e Forcarei, Olegario Castro, ao monte da Espiñeira. Foron metrallados en aplicación da “lei de fugas” entre A Granxa (Loureiro) e o monte de Porriñeiras (Figueiroa). Foron soterrados nunha fosa no cemiterio de Figueiroa. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Cerdedo (1936-1953)

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Finados en 1948 Categoría:Nados en 1927